Actualidade
Buscador de novas
A Xunta valora o cambio de tendencia demográfica de Galicia ao rexistrar a cifra máis alta nos últimos once anos, con 2,73 millóns de habitantes
A comunidade mellora de xeito notable as proxeccións do INE e do IGE, que prognosticaban para a actualidade algo máis de 2,57 millóns de persoas
A Xunta reforza a súa colaboración coa Faxpg cunha achega de preto dun millón de euros para este ano
A conselleira de Política Social e Igualdade mantivo unha xuntanza coa presidenta da Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia para avaliar o novo convenio
O Observatorio contra a discriminación por orientación sexual e identidade de xénero lanza unha de mensaxe unánime de rexeitamento á Lgbtifobia
O pleno coñeceu os datos do informe de incidentes de odio correspondente ao ano 2024 que ratifica a tendencia descendente en Galicia
Fabiola García presenta a nova edición do programa Benestar en Balnearios, un referente no envellecemento activo que ofrece 1.300 estancias
A iniciativa alcanza a súa duodécima edición, cun aumento das quendas, que inclúen estadías durante o verán
Fabiola García avanza que as bolsas formativas `O Noso Canto´ impulsarán a incorporación de mulleres profesionais nos ámbitos máis masculinizados da industria musical
É un programa integral de formación especializada, individualizada e acompañamento profesional para o que nesta primeira edición convócanse tres bolsas en tres itinerarios diferenciados: técnico, creativo e produción e xestión
Manuel Pardo destaca o importante papel que xoga o deporte para conseguir a plena inclusión das persoas con discapacidade
O delegado territorial gabou esta iniciativa que reforza o traballo da Xunta en prol do deporte adaptado e inclusivo como demostra o Programa Xogade que xunta a oferta deportiva federada e escolar para os rapaces entre 6 e 16 anos e que garante a participación de todas as persoas con diversidade funcional
A Xunta pon en marcha a campaña informativa ‘A seguridade marca o Camiño’
Esta iniciativa facilita o acceso directo e rápido aos recursos de protección dispoñibles con máis de 7.600 carteis, pegatinas, tarxetas con teléfonos útiles e unha web á que se accede a través de código QR con teléfonos de emerxencias e atención especializada