Actualidade
Buscador de novas
A Xunta impulsa un programa pioneiro e único no país para a protección e asistencia integral ás persoas orfas e vítimas da da violencia de xénero
Roberto Barba explicou que se trata dunha iniciativa que busca reforzar a atención e acompañamento aos fillos e fillas das vítimas e, de ser o caso, ás persoas que asuman o seu coidado
Ángeles Vázquez salienta a aposta da Xunta por levar os mellores servizos ás zonas rurais e o papel chave das mulleres no seu desenvolvemento
A responsable autonómica lembra que o rural galego é sinónimo de respecto ao medio ambiente e de conservación da contorna, polo que se trata dun importante aliado na loita contra o cambio climático
A Xunta destina preto de 800.000 euros aos centros e programas do Comité Cidadán Antisida da Coruña
Estas axudas abranguen o período 2025-2027 e destínanse ao mantemento dos servizos de atención continuada e atención social que ten a asociación, a itinerarios de inclusión social e laboral, e a cofinanciar a adquisición dun inmoble
Fabiola García traslada ao alcalde de Touro o compromiso da Xunta para reforzar os recursos de atención a maiores no rural
A conselleira aproveitou a ocasión para felicitar ao rexedor pola xestión do Servizo de Axuda no Fogar, cunha ratio de atención que rolda o 100%
A Xunta destaca que as entidades locais ourensás recibiron no 2025 achegas de máis de 430.000€ para a contratación de mulleres vítimas de violencia de xénero
O delegado territorial explicou que no caso desta entidade recibiu unha achega da Consellería de Política Social e Igualdade de preto de 45.000 euros, que lle permitiu a contratación de dúas mulleres durante un período de 12 meses para a prestación de servizos de interese xeral ou social no ámbito local
A Xunta ultima a publicación do II Plan galego contra a explotación sexual e a trata
Roberto Barba explicou que este documento busca dar continuidade ás medidas establecidas no primeiro plan e que tiveron un amplo grao de cumprimento
Arias destaca a importancia de proxectos como ‘Visibles’ para “fomentar unha sociedade inclusiva, na que todos se sintan integrados e capaces”
O delegado territorial da Xunta en Lugo felicitou á Escola de Arte e Superior de Deseño Ramón Falcón e a Aspnais pola mostra Visibles, deseño e diversidade funcional, froito da colaboración entre ambas entidades
A Xunta subliña a importancia do programa Areté que facilita a conciliación ás familias vulnerables do concello de Ames
O director xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, Jacobo Rey, lembrou que o Goberno galego destina máis de 29.000 euros a este programa a través da orde de achegas do IRPF
A Xunta subliña o cambio demográfico positivo que rexistra Galicia, que aumenta os nacementos e a poboación
Fabiola García destaca que a natalidade medra por primeira vez desde 2008 e faino por riba da media nacional ao peche do 2025, segundo os datos do Instituto Nacional de Estatística (INE)
Fabiola García pon en valor o papel que xogan os servizos sociais de concellos como o de Rois, que recibirá unha inxección de 317.000 € ata 2028 para o SAF
A conselleira lembra que o Goberno galego incrementará nesta lexislatura un 50% a súa achega ao Servizo de Axuda no Fogar, que é de competencia municipal