Actualidade
Buscador de novas
Fabiola García pon en valor o impacto que terá o acordo do SAF nos concellos, que poderán mellorar os servizos sociais que ofrecen
A conselleira lembrou que se trata dun acordo histórico que suporá un incremento do 50% na achega do Goberno galego a este servizo de competencia municipal
Fabiola García avanza o impulso da visibilización das mulleres profesionais para acadar unha Galicia máis igualitaria
Agradeceu ás premiadas que co seu traballo contribúan a que a economía galega medre e avance da man da igualdade de xénero
Fabiola García avanza que os catro novos CIMs móbiles percorerrán o rural e os campus universitarios desde o luns
A conselleira explicou que se trata de puntos específicos de información e asesoramento en materia de xénero e igualdade, que reforzarán o labor do resto de CIMs
A Xunta participa nunha xornada formativa do programa Airea Líderes de EVD Galicia
A directora xeral de Persoas con Discapacidade, Begoña Abeijón, destacou a importancia desta sesión para aprender de experiencias de éxito no ámbito da inclusión e a atención
A residencia e centro de día da Xunta acollerá alumnado dun plan formativo de emprego de Arteixo
O acordo diríxese aos participantes no curso de Atención Sociosanitaria a Persoas Dependentes en Institucións Sociais que organiza o concello
A Xunta avoga por seguir traballando co tecido social para mellorar a calidade de vida das persoas vulnerables e reducir a pobreza
Na visita, lembrou que a taxa Arope, que mide o risco de pobreza e exclusión social, sitúa a Galicia case catro puntos por debaixo da media nacional, sendo unha das comunidades con mellores cifras
Rueda destaca que a Xunta inxectará 150 millóns de euros adicionais ao Servizo de Axuda no Fogar ata 2028
Valorou este acordo como exemplo de colaboración institucional, destacando o valor da política de diálogo fronte á confrontación
A Xunta destina 700.000 euros a apoiar a inserción sociolaboral de mulleres vítimas de violencia de xénero
O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe a convocatoria desta orde de axudas dirixida a entidades sen ánimo de lucro