Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 2.852 novas da C. de Política Social e Igualdade:

17/12/2025 | 21:07 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta felicita á entidade Dano Cerebral Santiago por 25 anos sendo un referente no apoio ás persoas con discapacidade e ás súas familias

A conselleira puxo en valor a historia da asociación, que “conseguiu situarse como unha entidade de referencia en toda a comarca de Santiago “, atendendo e dando apoio a 1.000 familias

17/12/2025 | 14:01 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta destaca a importancia de que as persoas adultas continúen formándose para favorecer un envellecemento activo e saudable

O Goberno galego ten en marcha distintas iniciativas que incentivan a participación dos maiores, como os programas Xuntos polo Nadal e Benestar en Balnearios ou o Carné +65

17/12/2025 | 14:01 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta e o Concello do Carballiño avalían a creación dun centro de día para maiores

A conselleira de Política Social e Igualdade, Fabiola García, explicou que o Goberno galego aposta por un modelo que permita as persoas escoller o lugar no que pasar a súa vellez

17/12/2025 | 13:59 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta colaborou con Cáritas para habilitar as súas novas sedes en Rábade e Becerreá

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, destacou a importancia de colaborar coas entidades sociais para garantir o acceso a recursos de participación e benestar en toda a provincia

17/12/2025 | 13:43 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta apoia con máis de 136.000 euros as obras de mellora da eficiencia enerxética no CIM de Ares

A delegada territorial de Ferrol, Martina Aneiros, e o director xeral de Loita contra a Violencia de Xénero, Roberto Barba, visitaron esta mañá as instalacións nas que se mellorou a envolvente térmica

16/12/2025 | 13:08 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta inviste 240.000 euros na ampliación da escola infantil do parque empresarial da Tomada que suma 78 prazas gratuítas

Fabiola García destacou que o Executivo galego financiou a creación deste recurso que se puxo en marcha no ano 2019 cunha achega de 200.000 euros

16/12/2025 | 10:07 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta aposta polas iniciativas de envellecemento activo como prevención das situacións de deterioro e dependencia

Antón Acevedo explicou que o Goberno galego conta con programas específicos como Benestar en Balnearios ou as actividades de mantemento que se realizan en colaboración cos concellos 

15/12/2025 | 14:38 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta contribúe con 2,8 M€ en axudas para o período 2025-2027 aos proxectos de inclusión social dunha decena de asociacións que operan en Ferrolterra

A delegada territorial de Ferrol, Martina Aneiros, mantivo esta mañá unha reunión coa directora da Asociación Provivienda en Galicia, unha das entidades beneficiarias desta convocatoria de subvencións da Consellería de Política Social e Igualdade