Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 3.020 novas da C. de Política Social e Igualdade:

27/01/2026 | 12:53 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta comproba o resultado das obras do novo centro de día municipal de Ramirás nas que investiu máis de 430.000 euros

O centro emprázase na antiga escola de Freás de Eira e ten capacidade para atender a 20 persoas maiores

25/01/2026 | 10:06 | C. de Política Social e Igualdade

Fabiola García avanza que a Xunta financiará con 28.500 euros as obras de mellora do centro social de Boimorto

A conselleira de Política Social e Igualdade lembrou que o Goberno galego financia 119 prazas públicas de atención a maiores neste concello

24/01/2026 | 14:06 | C. de Política Social e Igualdade

Fabiola García comproba o bo avance das obras do futuro centro integral de autismo de Friol no que a Xunta inviste 4,7 M€ e que estará listo este ano

Destaca que esta nova residencia, que será xestionada por Aspanaes e contará con 48 prazas públicas, permitirá crear novos postos de traballo, favorecendo o asentamento de poboación no rural

24/01/2026 | 10:22 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude; C. de Política Social e Igualdade

A Xunta desenvolverá contidos culturais accesibles para as persoas con discapacidade intelectual na Cidade da Cultura co apoio de Fademga

O acordo entre ambas as dúas entidades senta as bases para promover exposicións, eventos e boas prácticas que atendan as necesidades do colectivo

23/01/2026 | 12:53 | C. de Política Social e Igualdade

Fabiola García e o alcalde das Neves avalían novas vías de colaboración para seguir impulsando os servizos sociais deste concello

A conselleira de Política Social e Igualdade lembrou que o Goberno galego inviste preto de 500.000 euros no Bono coidado no fogar que conta con 96 usuarios neste municipio 

22/01/2026 | 16:30 | C. de Política Social e Igualdade

Fabiola García destaca o pulo histórico da Xunta á dependencia ao resolver favorablemente 86.300 expedientes en 2025 e reducir a espera en dous meses

A conselleira subliña que Galicia está preto xa das 94.000 persoas atendidas e que alcanza unha ratio do 99,8%, o que a sitúa seis puntos por riba da media nacional

21/01/2026 | 12:47 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta convoca a primeira edición do concurso ‘O noso canto: máis voces, máis igualdade’ para centros educativos

Esta iniciativa dá continuidade á obra musical ‘O noso canto: xuntas resoamos máis forte’, que naceu con motivo do 8 de marzo do ano pasado

21/01/2026 | 11:40 | C. de Política Social e Igualdade

Belén do Campo destaca o labor dos máis de 2.300 voluntarios que fan posible o traballo do banco de alimentos na provincia da Coruña nas grandes recollidas

A delegada da Xunta mantivo unha xuntanza de traballo co presidente do Banco de Alimentos Rías Altas (Balrial), Manuel Mora