Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 2.620 novas da A Presidencia da Xunta:

27/08/2025 | 14:58 | A Presidencia da Xunta

Rueda anuncia a apertura de 16 oficinas en toda Galicia para atender con axilidade ás persoas afectadas polos incendios

Lembra que este venres o Consello da Xunta extraordinario aprobará axudas para os veciños e concellos afectados polos lumes, como xa pasou coa comarca do Courel en 2022

26/08/2025 | 14:57 | C. do Medio Rural; A Presidencia da Xunta; C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Rueda anuncia a desactivación do nivel 2 de emerxencia na provincia de Ourense e reitera o compromiso da Xunta coa loita contra os incendiarios

Pon en valor o traballo conxunto de técnicos e bombeiros forestais, axentes medioambientais, forzas de seguridade e equipos técnicos que permitiron estabilizar a situación

25/08/2025 | 15:28 | C. do Medio Rural; A Presidencia da Xunta

Rueda reclama máxima vixilancia fronte aos incendiarios e medidas urxentes para evitar escorrentías nas zonas queimadas

O Goberno galego prepara un plan específico para evitar arrastres de terra e enchentes en áreas críticas, especialmente na provincia de Ourense

22/08/2025 | 16:07 | C. do Medio Rural; A Presidencia da Xunta

Rueda sinala a necesidade de manter a presenza cando menos do Exército durante a fin de semana para axudar en labores de contención e recanalización

Destaca que, se ben na provincia de Ourense a situación evoluciona favorablemente, non se pode baixar a garda

21/08/2025 | 15:14 | A Presidencia da Xunta; C. do Medio Rural C. do Medio Rural

Rueda visita o Posto de Mando Avanzado de Quiroga para facer un seguimento da situación das zonas afectadas polos lumes

Afirma que xa se están facendo labores para asegurar o perímetro do incendio orixinado en Larouco e o seguinte paso é estabilizalo

19/08/2025 | 19:38 | A Presidencia da Xunta

Rueda informa de que a Xunta proveerá alimentación para o gando a todas as explotacións gandeiras afectadas polos lumes

Insta aos gandeiros a que se poñan en contacto co seu concello para que este lle traslade as súas necesidades á Xunta.

18/08/2025 | 16:09 | A Presidencia da Xunta

Rueda detalla o paquete de axudas da Xunta que se aprobará a semana que vén para os afectados polos incendios

Recalcou que en canto estean controlados os lumes, tocará cuantificar os danos para de inmediato resarcir aos damnificados

17/08/2025 | 16:28 | A Presidencia da Xunta; C. do Medio Rural

Rueda pide ao presidente do Goberno que o Exército reforce canto antes o dispositivo en Galicia para frear os incendios

Comunicou o seu desexo de que todas as peticións trasladadas se materialicen con urxencia