Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 3.135 novas da C. de Sanidade:

30/04/2026 | 21:01 | C. de Sanidade

Rueda reivindica o papel de Galicia como referente na loita contra o cancro e garante o apoio da Xunta á investigación para situar a medicina do futuro no centro da sanidade pública

Destaca a traxectoria do doutor Emilio Alba e o potencial da doutora Patricia Altea, galardoados nos premios entregados esta tarde en Santiago

30/04/2026 | 16:46 | C. de Sanidade

O seguimento na quenda de tarde da folga médica contra o Estatuto Marco do Goberno central acada o 2,45 % na sanidade pública galega

Nos servizos de atención hospitalaria o seguimento da folga é do 2,97 %, sen seguimento nos hospitais comarcais

30/04/2026 | 16:12 | C. de Sanidade
30/04/2026 | 13:28 | C. de Sanidade
30/04/2026 | 13:18 | Axencia de Turismo de Galicia; C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional; C. de Medio Ambiente e Cambio Climático; C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. de Sanidade

Belén do Campo presenta na Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas os preparativos de Galicia para converter o eclipse do mes de agosto nunha oportunidade histórica de proxección internacional

A delegada da Xunta participo una inauguración das xornadas divulgativas “Galicia, porta de entrada da eclipse” enmarcadas na estratexia de coordinación cos destinos Starlight galegos

30/04/2026 | 12:59 | C. de Sanidade

Manuel Pardo lembra que a Xunta ten aberto o prazo da orde de axudas para as oficinas de farmacia que se localicen en zonas farmacéuticas especiais

O delegado territorial fixo fincapé que a declaración de zonas farmacéuticas especiais, pola Consellería de Sanidade, en colaboración cos catro colexios oficiais de farmacéuticos de Galicia, establece apoios e medidas específicas para facilitar a viabilidade das boticas rurais co obxectivo de garantir a prestación farmacéutica a toda a cidadanía galega, viva onde viva

30/04/2026 | 12:32 | A Presidencia da Xunta; C. de Sanidade

Rueda destaca que o novo Centro de Coidado Integral do Cancro sitúa Galicia á vangarda europea en materia oncolóxica

Subliña que a designación da Unión Europea da comunidade como unha das candidatas para formar parte dunha rede de centros de referencia contra o cancro é un “fito histórico” e que o obxectivo é acadar a certificación plena en 2028

29/04/2026 | 18:15 | C. de Sanidade
29/04/2026 | 14:23 | C. de Sanidade

Gómez Caamaño lamenta o inmobilismo da ministra de Sanidade ante as folgas médicas contra o Estatuto Marco, que desde decembro provocaron a suspensión de 193.000 actos médicos

Na xornada de onte martes, suspendéronse 201 cirurxías, 5.052 consultas hospitalarias, 1.020 consultas de atención primaria e 626 probas diagnósticas

29/04/2026 | 12:59 | C. de Sanidade

A Biblioteca Pública da Xunta en Lugo acolle unha mostra de retratos de pacientes oncolóxicos

O delegado territorial e a autora presentaron hoxe a exposición, que se poderá ver do 4 ao 30 de maio