Actualidade
Buscador de novas
Galicia sitúase como a terceira comunidade coa maior taxa de doazón de sangue de España
A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue recolleu en 2025 un total de 105.337 doazóns de sangue, que supuxeron 39 doazóns por cada 1.000 habitantes
Gómez Caamaño denuncia a parálise absoluta do Goberno central ante as folgas contra a reforma do Estatuto Marco que acumulan máis de 270.000 actos médicos suspendidos en Galicia
Lamenta a falta de interese do Ministerio de Sanidade por solucionar o problema e evitar unha folga indefinida a partir de setembro
O seguimento na quenda de mañá da folga médica contra o Estatuto Marco do Goberno central acada o 18,15 % na sanidade pública galega
Nos servizos de atención hospitalaria o seguimento da folga é do 24,17 %
Gómez Caamaño subliña a traxectoria do doutor Torre Carballada como médico internista e destacado docente
O titular de Sanidade refire que o profesional distinguido pola Academia soubo combinar asistencia, coñecemento e compromiso coa formación das novas xeracións de profesionais
O plan de mellora da xestión e control da incapacidade temporal da Xunta permitiu revisar máis de 143.000 procesos e a emisión de máis de 6.000 partes de baixa directamente desde os hospitais
A folla de ruta do Executivo galego ten como finalidade apoiar os profesionais que xestionan os procesos de incapacidade temporal e acadar unha pronta recuperación das persoas traballadoras
O Sergas confirma que o avance das obras do novo centro de saúde de Vilagarcía de Arousa permitirá a súa posta en servizo o vindeiro ano tras un investimento da Xunta de máis de 19 M €
O novo equipamento sanitario incrementará de 40 ata 60 o número de consultas e fará posible ampliar a carteira de servizos
O seguimento na quenda de tarde da folga médica contra o Estatuto Marco do Goberno central acada o 1,66 % na sanidade pública galega
Nos servizos de atención hospitalaria o seguimento da folga é do 1,94 %
Rueda pon o novo centro de saúde de Abegondo como exemplo da sanidade pública integrada, accesible e de vangarda que está a impulsar a Xunta en toda Galicia
Destaca que a nova infraestrutura, que supuxo un investimento de 3,2 millóns de euros, dará servizo a 5.000 veciños cun deseño humano e sostible
Belén do Campo visita a mesa informativa de Agaela e destaca o compromiso do Goberno galego coas persoas afectadas por ELA e as súas familias
A delegada tamén destacou a colaboración que a Xunta mantén co terceiro sector e, en particular, con Agaela, entidade beneficiaria dun dos locais do Espazo Amizar
O Servizo Galego de Saúde publica as listas provisionais de admitidos no concurso-oposición para o ingreso en 21 categorías de persoal estatutario
Resultaron admitidos 21.174 aspirantes para 826 prazas