Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 3.407 novas da C. de Sanidade:

12/06/2026 | 10:56 | C. de Sanidade

A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue convida á cidadanía a participar na campaña "O día dos Imparables" da Fundación Josep Carreras e a Organización Nacional de Transplantes

A xornada, que se celebra o 13 de xuño, céntrase en apoiar a investigación da leucemia e outros cancros hematolóxicos e fomentar a doazón de medula ósea como tratamento que permite a curación de moitos doentes

11/06/2026 | 19:41 | C. de Sanidade

A Xunta activa mañá venres a alerta por episodios de calor que afectarán principalmente ao interior da provincia de Pontevedra

A alerta de nivel vermello afecta aos seguintes concellos do interior de Pontevedra: Agolada, O Campo Lameiro, A Caniza, Cerdedo Cotobade, Covelo, Cuntis, Dozón, A Estrada, Forcarei, Fornelos de Montes, Lalín, A Lama, Moraña, Rodeiro, Silleda e Vila de Cruces

11/06/2026 | 14:02 | C. de Sanidade

O Servizo Galego de Saúde recoñece a pegada imborrable dos 99 profesionais xubilados na área sanitaria de Ferrol

O responsable autonómico puxo en valor a entrega diaria duns profesionais cuxo traballo contribuíu a fortalecer o sistema sanitario público galego

11/06/2026 | 13:40 | C. de Sanidade

Belén do Campo agradece ao Colexio de Farmacéuticos da Coruña a súa implicación coa campaña para facilitar o acceso a fotoprotectores ás persoas afectadas por lupus

A representante do Goberno autonómico participou na presentación da campaña de fotoprotección do Colexio Oficial de Farmacéuticos da Provincia da Coruña “Este verano ten dos dedos de frente. O cuatro”

11/06/2026 | 13:17 | C. de Sanidade
10/06/2026 | 17:31 | C. de Sanidade

A Consellería de Sanidade presenta na Mesa Sectorial as conclusións do grupo de traballo para a reforma das axendas de Atención Primaria, que procura un modelo máis proactivo e resolutivo

Proponse un sistema de axendas de calidade con tempos mínimos de consulta, a redución de tarefas administrativas ineficientes dos médicos e a potenciación da figura dos xefes de servizo de atención primaria

10/06/2026 | 15:39 | C. de Sanidade

A Xunta reforza o seu compromiso cunha sanidade máis humana, que incorpora a experiencia dos pacientes e recoñece o valor das persoas coidadoras

O titular de Sanidade pon en valor a Estratexia de Humanización do Sergas, nacida coa vontade de avanzar dende un modelo centrado na enfermidade cara a outro centrado na persoa

10/06/2026 | 13:50 | C. de Sanidade; C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta destaca a participación de case 2.000 alumnos de 38 centros no programa Clases sen Fume, que leva 24 anos previndo o tabaquismo na mocidade

A secretaria xeral da Consellería de Sanidade destaca que esta iniciativa da Xunta axuda a concienciar á xuventude sobre a importancia de coidar a saúde en idades temperás

10/06/2026 | 13:20 | C. de Sanidade

Gómez Caamaño subliña a coincidencia de todas as comunidades en que o Estatuto Marco é responsabilidade do Goberno central e destaca a "soidade" da ministra de Sanidade

Resalta que o Estatuto Marco é unha norma básica estatal, polo que as comunidades non teñen capacidade para modificar e aprobar a lei

09/06/2026 | 13:52 | C. de Sanidade

A Xunta presentará nas vindeiras semanas unha reforma da atención primaria deseñada para responder ás necesidades actuais de profesionais e pacientes

A Consellería de Sanidade presentará os resultados dos grupos de traballo que definiron as medidas a adoptar na xestión das axendas, en recursos humanos e en retribucións