Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 2.912 novas da C. de Sanidade:

25/02/2026 | 12:19 | C. de Sanidade

A Xunta adxudica por máis de 820.000 € o equipamento de radioloxía dixital portátil para o bloque cirúrxico do Hospital Novo Montecelo

Estes equipos permitirán tratar tumores e outras lesións difíciles de operar, ademais de realizar diagnósticos por imaxe

24/02/2026 | 13:27 | C. de Sanidade

Gómez Caamaño pon en valor a robotización do laboratorio de microbioloxía do Chuac, cun investimento de 5,3 M€ para optimizar o procesado de máis de 50.000 mostras mensuais

Sinala a mellora no procesamento de mostras, a posibilidade de facer varias deteccións cunha única proba e a redución de erros por contaminación manual

24/02/2026 | 13:12 | C. de Sanidade

A Xunta reafirma o seu compromiso coa saúde e o benestar emocional a través do documental 'Expedición Mental'

O conselleiro de Sanidade participará na presentación deste documental que se proxectará o xoves 26 de febreiro na sede de Afundación de Santiago de Compostela

24/02/2026 | 12:31 | C. de Sanidade

A alerta nos grupos O- e A- fai que a Axencia de Doazón de Órganos e Sangue chame á participación dos galegos e galegas

A ADOS reforzará esta semana a presenza das unidades móbiles en máis de 30 concellos galegos para facilitar o acceso a este xesto solidario e lembra que son necesarias doazóns de todos os grupos sanguíneos

24/02/2026 | 12:25 | C. de Sanidade

Manuel Pardo sinala o proxecto 'Clases sen fume' da Xunta, como unha ferramenta para loitar contra o tabaquismo no ámbito escolar da provincia Ourense

O delegado territorial resaltou que esta iniciativa desenvolvida pola Consellería de Sanidade coa colaboración da Consellería de Educación e da Dirección Xeral de Xuventude, vai dirixida ao alumnado de 1º e 2º de ESO e compromete ao alumnado e ao profesorado de cada aula a non fumar durante seis meses, reforzando así a decisión voluntaria de manter hábitos de vida saudables

23/02/2026 | 18:37 | C. de Sanidade

A Xunta inicia hoxe unha nova fase do proxecto Xenoma Galicia coa análise do ADN de 5.000 persoas

A recollida de mostras comeza hoxe na área sanitaria de Santiago e Barbanza na que se programarán 828 citas e estenderase, progresivamente, ao resto da comunidade

22/02/2026 | 10:06 | C. de Sanidade
21/02/2026 | 14:27 | C. de Sanidade

Gómez Caamaño recoñece a traxectoria dos 175 profesionais da área sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras que se xubilaron no 2025

Destaca que o sistema sanitario público galego é un dos grandes orgullos da comunidade e o seu verdadeiro patrimonio son as persoas que durante anos dedicaron a súa vida a coidar da saúde da cidadanía

21/02/2026 | 11:15 | C. de Sanidade

A Xunta comparte a súa experiencia do proxecto piloto pioneiro de cribado de cancro de próstata con expertos e profesionais de saúde de toda Europa

A participación da representante da Xunta amosa o compromiso de Galicia coa prevención, a detección temperá e a promoción de estilos de vida saudables como elementos centrais na loita contra o cancro

21/02/2026 | 10:10 | A Presidencia da Xunta; C. de Sanidade

Rueda subliña que Galicia segue á vangarda en saúde pública ao ser a primeira comunidade en prohibir a venda de bebidas enerxéticas a menores

Lembra que coa Lei de protección da saúde das persoas menores e prevención das condutas adictivas, que entrará en vigor o 7 de marzo, estas bebidas quedan equiparadas ao alcol e os vapeadores ao tabaco