Actualidade
Buscador de novas
O conselleiro de Sanidade subliña a importancia das xornadas extraordinarias de vacinación ante o adianto da onda de gripe e a folga contra a reforma do estatuto marco do Goberno
O titular da Xunta recorda que están citados a vacinarse nestas xornadas extraordinarias 33.340 nenos de entre 6 meses e 11 anos nos hospitais das sete áreas sanitarias
A Xunta celebra a IV edición do curso de cazadores con formación organizado pola Escola Galega de Saúde Pública
O obxectivo do curso é obter unha credencial dos coñecementos necesarios para realizar in situ o control sanitario e de hixiene das pezas de caza silvestre abatidas e con destino ao consumo humano
Galicia necesita aumentar as reservas de sangue dos grupos A Positivo, A Negativo e Cero Negativo
A vaga de gripe e enfermidades víricas respiratorias diminuíu as reservas dos grupos sanguíneos polo que é preciso aumentar as doazóns de sangue nas vindeiras xornadas
A Xunta e o Concello do Porto do Son abordan a mellora das infraestruturas sanitarias do municipio
O conselleiro de Sanidade e o alcalde mantiveron esta tarde unha xuntanza co obxectivo de avaliar as necesidades de arraxo do consultorio de Portosín
A onda epidémica de gripe continúa con tendencia crecente aínda que con unha intensidade baixa
O último informe de actividade das infeccións respiratorias agudas da Dirección Xeral de Saúde Pública indica que a taxa de consultas por gripe en atención primaria mantense en maiores de 80 anos e aumenta no resto dos grupos de idade
O Servizo Galego de Saúde publica os seleccionados no concurso de méritos e concurso-oposición de para a categoría de enfermeiro especialista en saúde mental
Ofértanse un total 33 prazas na categoría de enfermeiro especialista en saúde mental en ambos os dous procesos selectivos
A Xunta adxudica por 643.341 euros os sistemas de almacenamento automatizado de farmacia do Hospital Montecelo de Pontevedra
Os sistemas automáticos de almacenamento tipo carrusel permiten optimizar o espazo físico, reducir os tempos de preparación de pedidos e diminuír a posibilidade de erros na dispensación
A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue e o Básquet Coruña convidan a doar sangue coa campaña “Mete a tripla da túa vida”
A entidade deportiva e a ADOS desenvolverán ao longo do mes de decembro unha campaña especial de doazón destinada a fomentar este xesto solidario entre todos os veciños e veciñas da Coruña
Gómez Caamaño insiste na súa petición á ministra para evitar o paro de 4 días na Sanidade pública, que só en Galicia suporía a cancelación de máis de 43.000 procesos asistenciais
A Xunta estima que a folga provocaría a suspensión de 1.344 cirurxías, máis de 40.000 consultas e preto de 2.400 probas no paro convocado para os 4 días
Gómez Caamaño anuncia a convocatoria extraordinaria de máis de 33.000 nenos de entre 6 meses e 11 anos para vacinarse fronte á gripe os días 5 e 6 de decembro
Nos hospitais comarcais inmunizarase o venres pola tarde de 16 a 20 horas e o resto de hospitais públicos vacinarán o venres neste horario e, a maiores, na xornada do sábado de 10 a 14 horas e de 16 a 20 horas