Actualidade
Buscador de novas
O director de Atención Primaria e Comunitaria do Sergas salientou ante os profesionais da área sanitaria de Pontevedra e o Salnés a aposta da Xunta polo primeiro nivel asistencial
Salvador Mariño-Ageitos sinala que a nova dirección do Sergas ten como cometido asegurar a coordinación, o seguimento continuo e a correcta execución da reforma integral deste eido asistencial, clave para o Goberno galego
Gómez Caamaño destaca os máis de 50 M€ captados polo IDIS en 2025 e sitúa os seus case 1.500 profesionais como garantía de futuro da investigación sanitaria galega
O Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela consolídase como un dos grandes motores de coñecemento e de innovación sanitaria en Galicia
Gómez Caamaño reivindica na asemblea do Clúster Saúde de Galicia a fortaleza da comunidade como un dos territorios con maior proxección de futuro en innovación sanitaria
Destaca proxectos de enorme relevancia en innovación sanitaria na comunidade, como o Xenoma Galicia, o futuro Centro de Protonterapia, o Centro de Fabricación de Terapias Avanzadas, o rexistro de persoas centenarias ou o Centro de Ciberseguridade
A Xunta dá por finalizadas as alertas por episodio de calor
Desde hoxe ningunha zona de Galicia está en alerta
A Xunta mantén alertas por episodio de calor, aínda que desde hoxe non hai zonas en nivel vermello
Suspéndese de 12.00 a 17.00 horas a actividade deportiva XOGADE e federada no exterior na Mariña, montaña e centro de Lugo e na zona de Valdeorras, en Ourense, por alerta laranxa por calor
Belén do Campo reúnese co presidente da Asociación Española contra o Cancro da Coruña para avanzar en novas liñas de colaboración coa entidade
A representante autonómica salientou que o Goberno galego mantén unha estreita colaboración coa Asociación Española contra o Cancro, coa que coopera no impulso de diferentes plans de prevención, detección temperá e apoio ás persoas afectadas
O Servizo Galego de Saúde presenta na Mesa Sectorial a proposta de nova estrutura das áreas sanitarias destinada a reforzar a atención primaria
Todas as áreas sanitarias contarán cunha Dirección de Atención Primaria e Comunitaria que dependerá directamente da Xerencia, ao igual que a Dirección de Atención Hospitalaria e Integración Asistencial
A Xunta presenta ao CAIA a Lei de protección da saúde das persoas menores e prevención das condutas adictivas
O Goberno galego agradeceu as propostas construtivas presentadas polos membros deste Consello de cara a mellorar a situación da infancia e da adolescencia
Gómez Caamaño destaca a incorporación de 53 novos investigadores ao sistema público de I+D+i en saúde, unha rede científica de excelencia que xa supera os 160 profesionais
A presenza feminina continúa a medrar coa incorporación de 34 novas investigadoras
A Xunta publica a orde de creación do Consello Técnico Asesor dos Programas de Detección Precoz de Cancro, que facilitará a participación da sociedade na coordinación dos cribados oncolóxicos
O Diario Oficial de Galicia recolle a composición do órgano, que contará con representación dos pacientes e reunirá profesionais de epidemioloxía, oncoloxía, medicina preventiva e xenética