Actualidade
Buscador de novas
A Xunta pon en valor o espazo común de circulación e cultura que levan construíndo durante séculos Galicia e Portugal
O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, participou na Universidade de Santiago (USC) na presentación das publicacións derivadas do ‘Coloquio Internacional Cruzamentos Galiza-Portugal’
A Xunta pon en marcha unha nova edición de obradoiros para formar a máis de 2.000 persoas galegas no exterior
Desde hoxe e ata o vindeiro 26 de febreiro as arredor de 200 entidades galegas de toda Europa e América inscritas no Rexistro da Galeguidade poden solicitar estas achegas das que o DOG publicou esta semana a convocatoria deste ano
A Xunta destaca que Galicia consolida as cifras históricas de retorno con preto de 8.500 galegos e galegas que regresaron en 2024 á súa terra de orixe
Segundo a Estatística de Migracións e Cambios de Residencia de 2024, publicada hoxe, Galicia experimentou un saldo migratorio positivo de 30.325 persoas (27.730 procedentes do estranxeiro), das que preto de 8.500 son galegos da diáspora
A Xunta pon de relevo o aumento das axudas ao retorno no Uruguai como reflexo do compromiso coas familias galegas do país
Nunha xuntanza coa delegada do Goberno galego no Uruguai, o secretario xeral da Emigración destacou que as achegas ao retorno no país superaron en 2025 os 540.000 euros, entre axudas extraordinarias, a emprendedores e bolsas BEME
A Xunta destaca o papel do Lar Gallego de Chile e do Estadio Español como símbolos de unión e compromiso coa colectividade do exterior
No marco da viaxe institucional a Chile, o secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, participou na celebración do 58º aniversario do Lar Gallego de Chile, entidade referente da cultura galega en América Latina
Rueda destaca o compromiso da Xunta coa comunidade galega no exterior con medidas pioneiras a nivel estatal para facilitar o retorno
Salienta que desde a posta en marcha no 2018 da Estratexia Galicia Retorna e con datos ata o 2023 —últimos dispoñibles— promoveuse o regreso de máis de 36.500 galegos residentes no exterior
A Xunta presenta no estado brasileiro de Paraná as vantaxes do retorno como unha oportunidade de futuro tanto para quen volve como para Galicia
O secretario xeral da Emigración vén de visitar por primeira vez a cidade brasileira de Curitiba, onde informou sobre a Estratexia Galicia Retorna da Xunta a un grupo de residentes nese país interesados en volver á nosa Comunidade
A Xunta pon en valor a nova edición do programa ‘Reencontros con Galicia’ que trouxo de regreso preto de 200 maiores de 65 anos residentes no exterior
Procedentes de Venezuela, Cuba, O Brasil, México, Bolivia, A Arxentina e O Uruguai, os participantes están aloxados nas residencias de tempo libre da Xunta en Panxón e O Carballiño e regresan mañá, salvo os que quedarán máis tempo para estar coa familia