Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 219 novas da Secretaría Xeral de Emigración :

30/06/2023 | 23:01 | A Presidencia da Xunta; Secretaría Xeral de Emigración

Rueda destaca o “novo rexurdimento” dunha Galicia que recibe coas portas abertas a todos os que a queiran visitar, vivir ou investir nela

Incide en que a Estratexia Galicia Retorna é unha aposta de país, dirixida a facilitar o regreso dos galegos no exterior, que está a ser un auténtico referente para outras comunidades de España

25/06/2023 | 18:10 | Secretaría Xeral de Emigración

Emigración celebra cos galegos do Reino Unido o Día de Galicia no Instituto Cañada Blanch

O secretario xeral deste departamento autonómico, Antonio Rodríguez Miranda, destacou a labor da colectividade galega neste país en prol de manter a nosa cultura entre as novas xeracións

23/06/2023 | 15:03 | A Presidencia da Xunta; Secretaría Xeral de Emigración

A Xunta abre a convocatoria de Conecta Voluntariado Galicia, un programa destinado a achegar a nosa terra aos mozos galegos do exterior

O DOG publica hoxe a convocatoria desta iniciativa para persoas galegas que residan no exterior de entre 21 e 30 anos

21/06/2023 | 14:29 | A Presidencia da Xunta; Secretaría Xeral de Emigración

Miranda agradece ás representantes da Sociedad Española de Beneficencia de Panamá o labor de apoio social e cultural desta entidade coa colectividade galega

O secretario xeral da Emigración interesouse tamén pola situación da comunidade galega neste país onde residen máis de 4.000 persoas de orixe galego

20/06/2023 | 14:44 | Secretaría Xeral de Emigración

Emigración renova a colaboración coa Asociación de Emigrantes Retornados en Galicia (AJERGA) co obxectivo de continuar a facilitar a integración dos bolseiros BEME

A Secretaría Xeral da Emigración destina 15.000 euros a esta entidade co obxectivo de colaborar no financiamento dos gastos derivados da execución de accións de asesoramento a mozos e mozas retornados, organización de actividades formativas, culturais e sociais para a mocidade, así como a difusión e promoción das mesmas en Galicia e no exterior

13/06/2023 | 15:05 | A Presidencia da Xunta; C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional; Secretaría Xeral de Emigración

Rueda avanza que o Goberno galego facilitará e ampliará as modalidades de formación para a mocidade exterior

Salienta as vantaxes dunha nova modalidade de FP Dual a distancia que permitirá facer parte da formación no país de orixe