Actualidade
Buscador de novas
Rueda felicita o C.D. Arenteiro polo seu ascenso á Primeira RFEF tras unha excepcional tempada
“Galicia é un grande equipo porque se compón doutros grandes equipos que entre todos facedes esta terra”, salienta o mandatario galego sobre o papel deste club que logrou en novembro a Copa da Federación e agora o ascenso á terceira división nacional
O secretario xeral para o Deporte asiste á primeira competición oficial do módulo de atletismo cuberto do Ifevi
A pista acolleu poucas semanas despois da súa inauguración o control da FGA para atletas de categorías inferiores e o vindeiro 17 de maio realizará un novo test para todas as categorías
O Club de Billar Adai, no municipio do Corgo, mellora o seu equipamento co apoio da Xunta
O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, visitou as instalacións desta entidade, posta en marcha hai menos de dous anos e que nesta tempada xa conta con 50 socios
Lete recibe aos internacionais Ángel Suárez (Descenso BTT) e Ricardo Ramilo (Automobilismo) que en 2023 contarán co patrocinio da Xunta
Do mesmo xeito mantivo un encontro coa nova presidenta da Federación Galega de Montañismo, Josefina Maetsu, no que acordaron potenciar a escalada e o sendeirismo
A Xunta patrocina o Campionato de España infantil feminino de voleibol que organiza o Emevé en Lugo en maio
O delegado territorial, Javier Arias, destacou que a competición atraerá a arredor de 3000 persoas á cidade
A Xunta destina 18.800 € a catro clubs deportivos de Monforte de Lemos para a compra de equipamentos
O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, visitou hoxe as instalacións do club de golf Río Cabe e do club de billar Templarios
A Xunta lamenta profundamente o pasamento de Pablo Aguirregabiria, alma máter do OAR Ciudad 1952 e impulsor do balonmán na Coruña
O ex xogador e adestrador do OAR será galardoado coa distinción ao Mérito Deportivo da Xunta de Galicia a título póstumo
O piloto lucense Alonso Liste disputará o Campionato de Europa de Escalada de Montaña co patrocinio da Xunta de Galicia
O CIFP As Mercedes encargouse da posta a punto do coche e incorporou un novo volante desde o que accionar os controis do vehículo