Actualidade
Buscador de novas
A Xunta e o sector turístico coordinan accións no destino ‘Starlight’ de Chantada para prepararse para a eclipse deste verán
O delegado territorial, Javier Arias, destaca que Lugo será un dos mellores lugares para observar este fenómeno excepcional, xa que é a provincia galega con maior presenza da franxa de totalidade
A Xunta reforza a área deportiva do complexo de Monterrei cun investimento de máis de 400.000€ na renovación da súa pista de atletismo
O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, destacou que as melloras realizadas permitiron contar coa homologación da Real Federación Española de Atletismo, ao cumprir cos requisitos esixidos
Belén do Campo destaca o papel da FAXPG para mellorar a inclusión e a igualdade de oportunidades das persoas xordas en Galicia
A delegada e a presidenta da FAXPG aproveitaron para visitar o punto de accesibilidade de video interpretación en lingua de signos ubicado no rexistro central da Delegación da Xunta na Coruña
A Xunta habilita unha web específica sobre a eclipse do 12 de agosto
A Administración autonómica tamén está a trasladar ás entidades locais as recomendacións a efectos de coordinación en materia de protección civil, sobre todo zonas con elevada afluencia de público, en terreos forestais, en zonas de alto risco de incendio forestal en zonas de especial protección
Belén do Campo destaca en Rois o apoio da Xunta de 64.000€ para mellorar a eficiencia enerxética de dous edificios deportivos e para adquisición de equipamentos para a protección do medio ambiente
A delegada da Xunta puxo en valor “o firme compromiso da Xunta de Galicia cos concellos do rural para que poidan seguir avanzando en sustentabilidade, modernización de servizos e mellora da calidade de vida da veciñanza”
A Xunta abre a convocatoria de axudas a microproxectos de cooperación para o desenvolvemento no exterior
O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a orde, dotada con 150.000 euros, dirixida ás ONGD e a outros axentes de cooperación para o desenvolvemento
A Xunta entregará 51 distincións ao mérito deportivo o vindeiro 29 de abril na Coruña
O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a relación das persoas físicas ou xurídicas, entidades ou organismos recoñecidos polo Goberno galego polo seu labor ou traxectoria, notoria e exemplar no ámbito deportivo autonómico