Actualidade
Buscador de novas
A Xunta publica a orde de axudas do fondo de compensación ambiental destinado aos concellos
O Diario Oficial de Galicia recolle hoxe a convocatoria, que incrementa o orzamento a máis de 11,4 millóns de euros para apoiar accións a prol da biodiversidade, do coñecemento dos recursos naturais, da recuperación da contorna e da eficiencia enerxética
A Xunta reforza os servizos de autobús con orixe e destino Vigo para garantir a mobilidade das persoas afectadas pola suspensión na xornada de hoxe das conexións de tren
A directora xeral de Mobilidade, Judit Fontela, considera inaceptable que Renfe suspendese as conexións e non ofrecese alternativas para garantir a mobilidade dos usuarios
Belén do Campo destaca que a Xunta apoia con máis de 100.000 euros a mellora da accesibilidade da Casa do Concello cun ascensor e a prestación de servizos de protección ambiental en Camariñas
A delegada da Xunta subliñou que o novo ascensor, cun apoio de 40.000 euros, permitiu eliminar barreiras arquitectónicas e garantir o acceso en igualdade de condicións a todos os servizos municipais
A Xunta achega 123.000 euros a unha vintena de entidades deportivas da Terra Chá para impulsar as súas actividades e dotacións
O delegado territorial, Javier Arias, explicou que a Secretaría Xeral para o Deporte vén de convocar o primeiro programa de apoios do ano, dotado con 2 millóns de euros
A Xunta destina máis de 900.000€ a prol da mellora das infraestruturas municipais nos concellos da provincia de Ourense
Manuel Pardo destacou que a Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes investiu máis de 28.000 euros na mellora das infraestruturas, dotacións, instalacións e equipamentos vinculados á prestación de servizos municipais no edificio do concello dos Blancos
A Xunta reforza o equipamento de diversos GES coa entrega de vehículos valorados en 700.000 euros
O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, participou na cesión de bombas rurais pesadas aos Grupos de Emerxencias Supramunicipais con sede en Quiroga e Laza, e de bombas urbanas lixeiras estreitas aos da Guarda e O Grove
A Xunta abre a convocatoria das axudas para proxectos de cooperación para o desenvolvemento no exterior dotada con 6,3 M€
O Diario Oficial de Galicia publica hoxe as liñas de subvencións para os proxectos no exterior de ONGD con máis de 4,3M€, doutros axentes de cooperación con 700.000 euros e máis de 1,2M€ para proxectos de apoio a organización feministas e de defensa de dereitos das mulleres