Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 4.810 novas da C. de Presidencia, Xustiza e Deportes:

29/12/2025 | 17:06 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta destina 60.000 euros a mellorar a eficiencia enerxética nas instalacións do campo de fútbol de Pacios, en Begonte

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, explica que os traballos foron financiados con cargo á orde de axudas a concellos para incrementar a eficiencia enerxética das infraestruturas locais

29/12/2025 | 16:21 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta convoca a nova edición dos cursos para a habilitación do persoal de control de acceso a espectáculos públicos e actividades recreativas

O DOG publica hoxe a información e o calendario das 11 accións formativas previstas para 2026, que terán lugar na Academia Galega de Seguridade Pública

29/12/2025 | 12:45 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta colabora na adquisición dun vehículo eco para a policía local de Malpica de Bergantiños

A directora xeral de Administración Local visitou este municipio para comprobar as prestacións do coche adquirido ao abeiro das axudas do Fondo de Compensación Ambiental

29/12/2025 | 11:20 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta destina 560.000 € ao impulso de áreas de estacionamento seguras para transportistas de mercadorías

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a nova convocatoria para o período 2026-2027 que incrementa a contía subvencionable con respecto á anterior, de 2023

28/12/2025 | 16:27 | Secretaría Xeral para o Deporte ; C. de Presidencia, Xustiza e Deportes
27/12/2025 | 13:15 | Secretaría Xeral para o Deporte ; C. de Presidencia, Xustiza e Deportes
26/12/2025 | 15:00 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta apoia ao Concello de Mondariz na adquisición dun camión destinado á recollida de residuos

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, visitou hoxe o municipio, que renovou o equipamento cunha achega de case 183.000 euros por parte do Goberno galego, o 70% do custo total

26/12/2025 | 10:53 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta destina 500.000 á orde de axudas para a formación no ámbito do transporte por estrada

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a convocatoria para 2026 a través da que o Goberno galego pretende mellorar as competencias dos profesionais do sector

25/12/2025 | 10:06 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta publica novas resolucións das axudas para a transformación e modernización de frotas de transporte de viaxeiros e de mercadorías

O Diario Oficial de Galicia recolle as resolucións de ambas as liñas, que suman entre setembro e novembro 184 subvencións concedidas por case 2,7M€ 

23/12/2025 | 12:50 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta acorda co Concello de Curtis a creación dun novo servizo de interese municipal para mellorar o transporte do instituto do concello con Teixeiro

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, e o alcalde de Curtis, Javier Caínzos formalizaron coa UTE Hércules o convenio que permitirá activar o SIMU e implantar o próximo 8 de xaneiro, coincidindo co remate das vacacións de Nadal, tres novas expedicións para cubrir os horarios de entrada e saída do centro