Actualidade
Buscador de novas
A Xunta apoia o asociacionismo local de Oroso con achegas que suman case 40.000 € a través do Plan específico de acción comunitaria
A directora xeral de Administración Local comprobou as melloras realizadas nos locais sociais das asociacións veciñais Santa María de Deixebre e Sanamede, así como da asociación Mulleres rurais loitadoras de Oroso
A Xunta subvencionou con 38.000 euros a mellora de camiños no Serrallo e As Mariñas, no concello de Oia
A subvención encádrase na liña de axudas para a mellora de infraestruturas de uso público da dirección xeral de Administración Local e beneficiou a 18 concellos da provincia de Pontevedra por importe total de máis de 662.000 euros
A plataforma de contratación da Xunta publica as obras de reparación e mellora do pavillón polideportivo de Elviña II
A intervención de maior calado será a renovación completa da cuberta e a substitución da pista polideportiva, xunto coa dotación dun novo valado para a práctica das modalidades de patín
A Xunta destina este ano máis de 62.000 euros en axudas para equipamento deportivo a 14 clubs e entidades de Ferrolterra
A delegada territorial de Ferrol, Martina Aneiros visitou esta mañá o club Kang en Fene, un dos beneficiarios destas achegas da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes
Manuel Pardo supervisa en Monterrei as actuacións desenvolvidas pola Xunta para paliar as consecuencias da vaga de lumes
O delegado territorial desprazouse ao concello de Monterrei para supervisar os traballos de desentullo e limpeza que se están a levar a cabo nas edificacións que sufriron danos a causa da vaga de lumes do pasado mes de agosto no lugar da Caridade; no marco do convenio que asinou Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes con este municipio, por importe de máis de 225.000 euros
A Xunta acorda cos 12 concellos da Área de Transporte Metropolitano de Vigo prorrogar o convenio para os próximos dous anos
A directora xeral de Mobilidade, Judit Fontela, presidiu esta mañá a Comisión de Seguimento do Plan de Transporte Metropolitano desta área, que suporá unha achega anual de 1,3M€ por parte da Xunta e 354.000 euros dos municipios que a integran
As promocións de inspectores e inspectores principais de Policía Local clausuran en Madrid o curso selectivo impartido pola Academia Galega de Seguridade Pública
O director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, visitou hoxe o Instituto de Formación Integral en Seguridade e Emerxencias da Comunidade de Madrid
A Xunta inicia hoxe o traslado do persoal do novo edificio xudicial da Estrada
O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, comprobou como se está a levar a cabo o traslado do persoal do antigo xulgado número 1 de Primeira Instancia e Instrución e da oficina de Rexistro Civil e á próxima semana procederase cos profesionais do xulgado número 2
A Xunta amplía a 2026 a vixencia da tarxeta Xente Nova e a tarifa +65 do transporte público, coas que as persoas usuarias realizaron 7,7 millóns de viaxes gratuítas ata setembro
O Diario Oficial de Galicia publica hoxe as resolucións polas que se amplía do 1 de xaneiro ao 31 de decembro de 2026 o prazo de vixencia da tarxeta Xente Nova para menores de 21 anos e da tarifa +65 para maiores de 65 no transporte público interurbano competencia da Xunta
A Xunta apoia as melloras no local social da Asociación veciñal San Cristóbal de Nemiña en Muxía
A directora xeral de Administración Local comprobou as obras realizadas ao abeiro das axudas do Plan específico de acción comunitaria