Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 4.810 novas da C. de Presidencia, Xustiza e Deportes:

12/11/2025 | 17:18 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta avalía cos concellos da Área de Transporte Metropolitano de Lugo o estado do servizo

A directora xeral de Mobilidade participou na reunión, enmarcada no compromiso da Administración autonómica de celebrar encontros semestrais en todas as áreas de transporte metropolitano

12/11/2025 | 14:27 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas; C. de Medio Ambiente e Cambio Climático; C. do Medio Rural; C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Manuel Pardo pon en valor a rápida resposta da Xunta para paliar as consecuencias da vaga de lumes na provincia de Ourense

O delegado territorial lembrou os convenios con 46 concellos para paliar os danos ocasionados polos incendios forestais deste ano por un importe de 5 millóns de euros

12/11/2025 | 13:56 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta pon en valor o labor dos profesionais que interviron na loita contra o lume este verán

O director xeral de Emerxencias e Interior participa na Xornada Técnica para Profesionais de Prevención e Intervención de Incendios Forestais organizada pola Deputación de Ourense

12/11/2025 | 13:51 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Belén do Campo destaca que a Xunta apoia con axudas a catro entidades veciñais da cidade de Santiago a través do plan específico de acción comunitaria con case 32.000€

As achegas van dirixidas a asociacións veciñais e de mulleres rurais, así como a comunidades de usuarios de augas e poden acadar a totalidade do investimento realizado

12/11/2025 | 13:38 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. do Mar

A Unidade de Policía Nacional Adscrita e Gardacostas de Galicia comisan case 78 quilos de ameixa na Coruña e Ferrol

Este comiso é o resultado dun operativo contra o furtivismo que se saldou cunha persoa detida por atentado contra axente da autoridade, nove persoas investigadas e a tramitación de oito actas de sanción por infrinxir a Lei de Pesca de Galicia e a Lei de protección de seguridade cidadá

12/11/2025 | 13:16 | Secretaría Xeral para o Deporte ; C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta sinala a excelencia do deporte galego como símbolo da marca Galicia Calidade

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes felicitou o xogador de baloncesto 3x3 Carlos Martínez e o piloto de rallys Luis Penido polos recentes logros nas respectivas disciplinas

12/11/2025 | 12:19 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta destaca o labor de planificación e seguimento no transporte escolar para adecualo cada curso ás novas necesidades

A directora xeral de Mobilidade aborda no Parlamento os axustes realizados nos servizos do IES Terra do Xallas, en Santa Comba, para resolver as incidencias detectadas

11/11/2025 | 15:58 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta activa a alerta laranxa por chuvia no oeste e suroeste da provincia da Coruña

Incídese na importancia de seguir as medidas de protección e de extremar as precaucións, e aconséllase consultar a páxina web do CIAE 112 (www.axega112.gal)

11/11/2025 | 13:31 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta apoia as melloras nos locais sociais das asociacións veciñais San Xurxo de Saiáns e da Salgueira ‘Rosalía de Castro’

A directora xeral de Administración Local comprobou xunto coa delegada territorial da Xunta en Vigo as obras realizadas e o material adquirido ao abeiro das axudas do Plan específico de acción comunitaria