Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 4.808 novas da C. de Presidencia, Xustiza e Deportes:

30/10/2025 | 14:02 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta defende na Comisión Luso-Española para a Cooperación Transfronteiriza unha maior implicación das rexións no próximo cumio ibérico

O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE presenta as prioridades galegas en mobilidade, cooperación en materia laboral e desenvolvemento territorial

30/10/2025 | 12:28 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta solicita reunión co novo coordinador europeo do Corredor Atlántico para abordar a necesidade de avanzar nesta infraestrutura estratéxica

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, sinala que o obxectivo de dito encontro é avanzar no desenvolvemento do mesmo, supervisando o cumprimento de prazos e asegurando que os investimentos se materialicen con urxencia e sen retrasos

30/10/2025 | 10:50 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta convoca dous cursos destinados a xefes, subxefes e mandos das Agrupacións de Voluntarios de Protección Civil

A Academia Galega de Seguridade Pública impartirá estas accións formativas, que se realizarán de xeito presencial nas instalacións da Academia no concello da Estrada

30/10/2025 | 10:03 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta aproba a revisión da composición e votos dos departamentos e seccións que integran o Comité Galego de Transporte por Estrada

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a revisión do organismo, do que forman parte 12 asociacións e federacións, oito delas en representación do departamento de transporte de viaxeiros e as catro restantes no de mercadorías  

29/10/2025 | 14:56 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. de Cultura, Lingua e Xuventude

A Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal celebra o estado da cooperación transfronteiriza cun ‘Día da Eurorrexión’ dedicado á cultura

Jesús Gamallo, en representación da Xunta, destaca o éxito da cooperación co Norte de Portugal e pon en valor a cultura e as raíces comúns da Eurorrexión

29/10/2025 | 13:54 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; Secretaría Xeral para o Deporte

O número de deportistas galegos recoñecidos no alto nivel segue subindo e xa acada os 1.712

Entre os novos recoñecidos destaca o nomeamento de Rodrigo Germade como deportista galego de alto nivel vitalicio uníndose a unha lista que conta xa con 13 nomes

29/10/2025 | 10:13 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta convoca un curso de reciclaxe de socorrismo en instalacións acuáticas a través da Academia Galega de Seguridade Pública

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a convocatoria da actividade formativa, que é válida para a renovación da inscrición no Rexistro profesional do persoal de socorrismo, información e primeiros auxilios de Galicia

28/10/2025 | 23:13 | Secretaría Xeral para o Deporte ; C. de Presidencia, Xustiza e Deportes
28/10/2025 | 17:30 | Secretaría Xeral para o Deporte ; C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Lete destaca a progresión de Lydia Pérez, subcampioa do Mundo de loita praia, e confía na súa presenza en Los Ángeles nos Xogos Olímpicos de 2028

Lembra que o novo Centro de Alto Rendemento dará acollida a toda a excelencia deportiva que medra en Galicia e abrirá as súas portas a talento foráneo para consolidar a nosa comunidade como un polo internacional de referencia deportiva