20/01/21 | 12:52 | C. de Infraestruturas e Mobilidade A Xunta recibe ofertas de 13 empresas para executar unha senda na estrada PO-551 entre Trasouto e o Alto da Portela, en Bueu, que suporá un investimento autonómico de 643.000 euros
A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade prevé o seu inicio esta primavera, e o obxectivo é poder tela rematada este mesmo ano ou a principios de 2022