Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 752 novas da C. do Mar:

26/07/2024 | 17:19 | C. do Mar

A Xunta colabora coa 38ª Feira do bonito de Burela, que se celebra a fin de semana do 3 e 4 de agosto

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, e o director xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica, Antonio Basanta, participaron na presentación da programación deste ano 

26/07/2024 | 16:34 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático; C. do Mar

A Xunta avanza nos traballos para constituír o comité de expertos que estudará a situación dunha alga asiática invasora nas costas galegas

As Consellerías de Medio Ambiente e Cambio Climático e do Mar están a deseñar a composición dese grupo e as liñas de actuación para estudar a Rugulopteryx okamurae, unha especie que xa está presente nalgunhas zonas das rías da Coruña e Vigo

25/07/2024 | 18:16 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude; C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional; C. do Mar
19/07/2024 | 17:40 | C. do Mar

Alfonso Villares pon en valor a traxectoria da organizacion de palangreiros guardeses en favor da actividade pesqueira de Galicia

O responsable autonómico destacou que esta entidade representa á maior frota de Europa no seu segmento especializada na pesca de peixe espada e afíns agrupando a 74 buques

18/07/2024 | 18:42 | C. do Mar

A Xunta reitera nun novo encontro o seu apoio aos mariscadores da ría do Burgo e lamenta a ausencia de representantes do Goberno central

A Conselleria do Mar está á espera de recibir o informe da asistencia técnica da confraría sobre o estado dos bancos unha vez que finalizaron os traballos de dragaxe o pasado mes de maio

18/07/2024 | 15:54 | C. do Mar

Alfonso Villares destaca o esforzo inversor da consellería do Mar en Malpica, onde se levan investidos dende 2009 preto de 9 millóns de euros

O responsable autonómico adianta que os estudos para a mellora do peirao están a piques de rematarse; o que suporá dar solución ao problema que ocasionan as elevadas correntes na comporta interior 

17/07/2024 | 16:55 | C. do Mar

Villares destaca que as dúas ordes de axudas aos GALP posibilitarán mobilizar ata 2026 37,9 M€ para o impulso da actividade pesqueira

Estas achegas permitiron xa a execución de 64 proxectos por valor de máis de 8 millóns de euros e os proxectos presentados en 2024 están acadando a súa resolución