15/01/21 | 10:34 | C. do Medio Rural A Xunta levanta a prohibición de plantar pataca en nove concellos galegos afectados pola couza
Trátase dos municipios de Cariño, Ortigueira, Neda, Lourenzá, A Pastoriza, A Pontenova, Riotorto, Ribadeo e O Valadouro, que ao pasar a ser zonas tampón tan só requirirán a partir de agora dun seguimento exhaustivo das plantacións