Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 508 novas da área temática Enerxía:

09/04/2026 | 16:18 | C. de Economía e Industria

A Xunta subliña o papel esencial que vai xogar a minería no desenvolvemento económico dunha Galicia verde, sustentable e descarbonizada

O director xeral de Planificación Enerxética e Minas, Pablo Fernández Vila, inaugurou a Asemblea Xeral Ordinaria da Cámara Oficial Mineira de Galicia 

09/04/2026 | 11:38 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta dá luz verde ambiental a un proxecto para o almacenamento de enerxía no concello de Cerceda

A resolución da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático non prevé que a actividade teña impactos significativos sobre a contorna se se cumpren os condicionantes fixados no propio informe ambiental e na documentación avaliada

07/04/2026 | 14:59 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta confía en que a última resolución da xustiza galega sobre un proxecto eólico supoña un punto de inflexión cara ao desbloqueo do sector

Paula Uría agarda que se reactiven estas iniciativas porque cada megawatt de fontes de enerxía renovable que non se incorpora ao sistema é unha oportunidade perdida para reducir emisións, atraer industria verde e contar cun modelo máis sostible

07/04/2026 | 12:13 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes
04/04/2026 | 11:32 | C. de Economía e Industria
01/04/2026 | 15:25 | C. de Economía e Industria

Lorenzana destaca que máis dunha trintena de concellos se levan beneficiado das axudas da Xunta para a instalación de paneis fotovoltaicos

Esta liña de apoios para entidades locais de Galicia, entidades sen ánimo de lucro, e para pemes e autónomos, suma un orzamento de 12 M€ nas dúas últimas edicións

27/03/2026 | 15:35 | A Presidencia da Xunta

A Xunta destaca a importancia dos certificados de aforro enerxético no eido local

A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, e o director xeral de Planificación Enerxética e Minas, Pablo Fernández Vila, participaron nunha xornada organizada polo Instituto Enerxético de Galicia sobre este asunto na última xornada das feiras ‘Expomunicipal 2026’ e ‘Enerxétika’

26/03/2026 | 17:33 | C. de Economía e Industria; C. do Medio Rural

A Xunta sitúa á industria galega á vangarda da descarbonización de Europa na nova edición da feira Enerxétika 2026

O evento acolleu a segunda xornada sobre os Certificados de Aforro Enerxético (CAEs) e a celebración do VI Foro da Biomasa galega, no que participaron o director de Planificación Enerxética e Minas, Pablo Fernández Vila, e a directora xeral de Planificación e Ordenación Forestal, Luisa Piñeiro

25/03/2026 | 16:50 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta pon en valor a consolidación das feiras ‘Expomunicipal’ e ‘Enerxétika’ como o mellor escaparate das últimas innovacións para os servizos municipais e o sector enerxético

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, participou na inauguración da dobre cita feiral que reúne desde hoxe ata o venres a profesionais, empresas e administracións para que intercambien experiencias e aproveiten as sinerxías que comparten os dous sectores

23/03/2026 | 13:58 | C. de Economía e Industria; C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta presenta as novas edicións de ‘Expomunicipal 2026’ e ‘Enerxétika’ que achegarán solucións para prestar servizos municipais de calidade ás entidades locais e as últimas innovacións no ámbito da enerxía

A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, e o director xeral de Planificación Enerxética e Minas, Pablo Fernández Vilas, presentaron xunto co director da Fundación Semana Verde Galicia, Ricardo Durán, ambas feiras que se celebran esta semana no recinto Feira Internacional de Galicia ABANCA de Silleda