Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 15.042 novas da área temática Áreas temáticas:

26/07/2024 | 20:03 | Axencia de Turismo de Galicia

A Xunta pon a disposición de veciños, turistas e peregrinos a humanizada praza do Souto de Valga

O director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, participou hoxe no acto no que se inauguraron as obras que dotaron o espazo de máis zonas verdes e de lecer

26/07/2024 | 17:19 | C. do Mar

A Xunta colabora coa 38ª Feira do bonito de Burela, que se celebra a fin de semana do 3 e 4 de agosto

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, e o director xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica, Antonio Basanta, participaron na presentación da programación deste ano 

26/07/2024 | 17:14 | C. de Economía e Industria

Lorenzana agradece a aposta de Boeing polo sector aeroespacial galego

Pon en valor o traballo desenvolvido pola multinacional estadounidense como socio tecnolóxico da Xunta no polo aeroespacial de Galicia

26/07/2024 | 16:34 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático; C. do Mar

A Xunta avanza nos traballos para constituír o comité de expertos que estudará a situación dunha alga asiática invasora nas costas galegas

As Consellerías de Medio Ambiente e Cambio Climático e do Mar están a deseñar a composición dese grupo e as liñas de actuación para estudar a Rugulopteryx okamurae, unha especie que xa está presente nalgunhas zonas das rías da Coruña e Vigo

26/07/2024 | 16:11 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

O Goberno central rectifica e inclúe a Galicia no Proxecto Viena que permitirá construir 301 vivendas protexidas en 4 solos da Sareb na comunidade

A incorporación da comunidade ao programa fora unha das demandas efectuadas pola conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, na reunión mantida en maio coa ministra Isabel Rodríguez, reiterada posteriormente por carta e no encontro da pasada semana en Betanzos

26/07/2024 | 16:04 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta destaca o papel do Encontro de Torneiros de Xermade na visibilización e na divulgación deste oficio artesanal

 A xerente da Fundación Artesanía de Galicia, Elena Fabeiro, participou esta mañá na presentación do XXIV Encontro Internacional de Torneiros da Madeira, que se celebrará en Xermade (Lugo) os días 20, 21 e 22 de setembro, e no que a Xunta colabora desde a primeira edición

26/07/2024 | 15:45 | A Presidencia da Xunta; C. de Emprego, Comercio e Emigración

Rueda sinala as oportunidades que ofrece Galicia aos descendentes de galegos no Uruguai durante unha visita ao veleiro-escola ‘Capitán Miranda’

Destaca o carácter solidario de ambos pobos no pasado e no presente, apostando pola colaboración e o diálogo