Actualidade

Buscador de novas
Buscar anteriores 6 meses
Filtrar por área temática:
Filtrar por departamento:
Filtrar por data:
Ten dispoñibles para consulta 782 novas da área temática Emprego :
27/12/23 | 20:51  | C. de Promoción do Emprego e Igualdade

A Xunta inicia o programa ‘Lideramos’ con 150 participantes en toda Galicia para impulsar o talento feminino e a formación en xestión de equipos

O secretario xeral de Apoio ao Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social, Pablo Fernández, participou en Pontevedra no arranque deste programa, no marco do que se organizarán obradoiros e clases maxistrais, así como sesións de networking ou titorizacións individualizadas

27/12/23 | 13:48  | C. de Promoción do Emprego e Igualdade

A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade reúnese co alcalde do Porriño para avanzar na formación axustada á demanda do tecido empresarial

Rivo sinala a importancia da colaboración institucional para seguir a mellorar os servizos que se ofrecen ás persoas demandantes de emprego

26/12/23 | 12:52  | C. de Promoción do Emprego e Igualdade

O DOG publica mañá a ampliación ata os 10 M€ do investimento para a contratación de 520 persoas desempregadas en entidades sen ánimo de lucro

A actuación de cooperación vai dirixida a crear emprego polas entidades de iniciativa social que traballan cos colectivos con máis dificultades para a súa inserción laboral

23/12/23 | 14:36  | C. de Promoción do Emprego e Igualdade

Últimos días para que mulleres das provincias de Lugo e Ourense se inscriban no programa ‘Lideramos’ co que a Xunta impulsa a formación en xestión de equipos

Un cento de mulleres das catro provincias poderán participar en obradoiros e clases maxistrais, en sesións de networking e formación presencial

23/12/23 | 12:45  | Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. de Promoción do Emprego e Igualdade

A Xunta inviste este ano 1,4 M€ en 375 axudas para apoiar o emprego autónomo, o emprendemento e a contratación nas comarcas de Ferrol, Eume e Ortegal

A delegada territorial en Ferrol, Martina Aneiros, puxo en valor este investimento durante un encontro coa encargada de Canido Veterinarios, unha das firmas beneficiarias do Plan Galicia Emprega
 

22/12/23 | 11:05  | C. de Promoción do Emprego e Igualdade

A Xunta celebra o 6º Encontro de mulleres emprendedoras apoiadas polo programa que distribuíu desde o 2009 máis de 23 M€ entre máis de 1.800 axudas

A secretaria xeral da Igualdade, Sandra Vázquez, participou en Santiago no acto no que -ademais de formación- houbo espazo para que as emprendedoras compartisen experiencias e para que mostrasen os seus produtos
 

21/12/23 | 14:00  | Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta entrega os diplomas aos 20 participantes do obradoiro de emprego Ponte de Areas VI, compartido por Guntín, O Corgo e O Páramo

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, explicou que hai uns días púxose en marcha unha nova edición, “que suporá oportunidades laborais para máis persoas desempregadas”

20/12/23 | 14:20  | Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. de Promoción do Emprego e Igualdade

A Xunta clausura o programa integrado de emprego de Palas de Rei e financia outro con 220.000 euros

O delegado territorial, Javier Arias, explica que cada edición conta con 100 participantes que reciben formación para mellorar as súas posibilidades de inserción laboral

20/12/23 | 12:26  | C. de Política Social e Xuventude

A Xunta lembra á nova ministra de Inclusión, Seguridad Social y Migraciones que segue pendente a transferencia a Galicia do ingreso mínimo vital

Remitíuselle unha carta á titular desta carteira ministerial, Elma Saiz, para avanzar no traspaso da xestión desta prestación, ao que o Goberno central se comprometeu en xaneiro do ano pasado

19/12/23 | 21:32  | C. de Promoción do Emprego e Igualdade

A colaboración da Xunta co Clúster de Enerxías Renovables de Galicia permitiu en dous anos a formación de 1.820 persoas a través de 31 cursos

A directora xeral de Formación para o Emprego e Orientación, Zeltia Lado, participou hoxe na Coruña na segunda edición do Foro de Formación e Emprego no sector enerxético – Enerforum 2023

Busca avanzada
Insira un texto para a busca:
En todo o contido
Presentación de resultados
Ordenar
Número de resultados por páxina: