Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.172 novas da área temática Emprego:

19/09/2024 | 14:52 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta promove a creación de alianzas entre persoas emprendedoras para fortalecer o tecido empresarial

O secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais, Pablo Fernández, clausurou a actividade Facer rede: Construción de alianzas e contactos entre persoas emprendedoras

19/09/2024 | 13:20 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta ve o evento Creafogar como unha oportunidade para coñecer as necesidades no mercado laboral do interiorismo e difundir a marca Artesanía de Galicia

A directora xeral de Formación e Cualificación para o Emprego e a xerente da Fundación Artesanía de Galicia participaron na inauguración da primeira edición desta mostra efémera de interiorismo que acolle Santiago ata o 9 de outubro

19/09/2024 | 12:48 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta destaca no 5º encontro para empresarios de Galicia e Norte de Portugal a colaboración transfronteiriza pola xeración de riqueza e emprego

José González aludiu a acordos concretos como o que garante a actividade de coordinación do servizo de emprego Eures Transfronteirizo Galicia-Norte de Portugal, co gallo de facilitar a mobilidade dos traballadores entre os dous lados da raia 

19/09/2024 | 11:46 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta apoia a xornada ‘Emprega-T Fest’ que celebra en Lugo a Universidade de Santiago para conectar empresas e persoas en busca de emprego

O secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais, Pablo Fernández, participou hoxe na inauguración do evento, acompañado polo delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias

18/09/2024 | 18:27 | C. de Emprego, Comercio e Emigración; C. de Economía e Industria

A Xunta reclama unha distribución xusta dos fondos europeos e celebra que o Goberno central se sume á aposta pola desburocratización

Lorenzana puxo en valor o papel que está a xogar a Oficina Económica de Galicia como punto único de entrada para axilizar trámites e ofrecer asesoramento personalizado ás empresas galegas

18/09/2024 | 10:43 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta fomenta a remuda xeracional na artesanía a través de seis cursos de formación especializada

A Fundación Artesanía de Galicia abre as inscricións para os cursos de forxa, ourivería, olería de Buño, sombreirería e xastrería, este último en dúas quendas, que se van desenvolver en diferentes localidades galegas a partir do mes de outubro

17/09/2024 | 16:54 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta avalía co sector autónomo galego novas medidas de impulso ao emprendemento como a unificación de axudas para unha tramitación máis áxil

Durante o encontro, que contou coa representación das entidades APE Galicia, ATA e UPTA-Agtamar, José González tamén avogou pola posta en marcha dunha academia de formación para autónomos e por un Plan estratéxico de emprego xuvenil 

17/09/2024 | 16:12 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta financiará unha nova edición do obradoiro de emprego que está en marcha en Burela, Cervo e Xove

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, explica que o Goberno galego destina preto dun millón de euros a financiar o taller que está a piques de rematar e o que comezará en breve

17/09/2024 | 11:44 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta destaca os máis de 9 M€ investidos en 23 novos obradoiros duais de emprego na provincia da Coruña para mellorar a empregabilidade e os servizos públicos

José González sinalou que estas iniciativas financiadas polo Goberno galego tamén reforzan a colaboración coas entidades locais e permiten que as persoas que participan nelas obteñan un certificado de profesionalidade