Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.266 novas da C. de Medio Ambiente e Cambio Climático:

25/09/2024 | 16:10 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

Ángeles Vázquez insta a sumar esforzos e traballar xuntos para reducir a factura do lixo dos concellos ante as medidas unilaterais do Goberno central

Subliña que a Xunta segue apostando pola cooperación cos municipios na xestión dos seus residuos e lamenta que a oposición “prefira estar ao carón de Sánchez”

25/09/2024 | 15:02 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático; C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta financia a adquisición dunha furgoneta eléctrica para os servizos municipais do concello de Quintela de Leirado cunha achega de case 30.000€ do Fondo de Compensación Ambiental

Manuel Pardo destacou que o concello de Quintela de Leirado leva anos apostando pola optimización enerxética e a implantación de tecnoloxías eficientes e respectuosas co medio ambiente na súa atención aos veciños

24/09/2024 | 18:09 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta suma o apoio do Clúster de Enerxías Renovables á súa fronte común na busca de solucións ante o bloqueo do sector eólico en Galicia

Coinciden en subliñar o valor das enerxías verdes e a importancia de apostar por esta vía para avanzar nos obxectivos de descarbonización e neutralidade climática

24/09/2024 | 15:04 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta anima ás entidades da Alianza galega polo clima a recorrer á oficina técnica da iniciativa para aproveitar as sinerxías fronte ao quecemento global

Ángeles Vázquez apela á Responsabilidade Social Empresarial para continuar traballando da man de cara a acadar unha economía baixa en carbono, unha eficiencia enerxética, unha mobilidade sostible e unha xestión responsable dos residuos

24/09/2024 | 14:48 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta realiza labores de conservación nun tramo de 1,3 quilómetros do río Umia, en Caldas de Reis

As tarefas que está a realizar Augas de Galicia consisten na retirada de árbores caídas e biomasa para evitar atoamentos

23/09/2024 | 15:53 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta solicita ao Goberno central que reasigne máis fondos europeos a Galicia para as reservas de biosfera polo seu bo nivel de execución

Marisol Díaz xustifica a súa petición en que parte das contías territorializadas corren o risco de quedar sen mobilizar ante o atraso que arrastran algunhas comunidades

23/09/2024 | 15:04 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta realiza labores de conservación en varios tramos do río Grande de Xubia nos concellos de Moeche, San Sadurniño, Narón e Neda, que suman máis de 14 km

As tarefas que está a realizar Augas de Galicia consisten na retirada de árbores caídas e biomasa para evitar atoamentos

23/09/2024 | 15:01 | C. de Economía e Industria; C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta impulsará o polígono industrial de Anxeriz en Tordoia cun investimento de 560.000€ para reforzar a súa rede eléctrica

Estas axudas van dirixidas a  establecer medidas de reforzo e extensión nos parques que precisan un abastecemento de enerxía eléctrica 

21/09/2024 | 12:59 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

Máis de 451.000 persoas visitaron o Parque Nacional das Illas Atlánticas na tempada de verán e a Xunta prevé acadar a final de ano un balance similar ao de 2023

Ángeles Vázquez explica que Cíes foi a illa máis visitada, co 65% dos visitantes que recibiu o parque nacional de maio a setembro, e Ons rexistrou o maior incremento