Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 71 novas da área temática Audiovisual:

23/04/2024 | 14:19 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Ortiz destaca o “crecemento” e o “salto de calidade” do concurso vigués Talent Show Megaestrelas como escaparate artístico da cidade

A delegada territorial da Xunta en Vigo presentou este martes unha nova edición do certame, que contará este ano cunha categoría para maiores de idade

22/04/2024 | 10:22 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

As axudas da Xunta a festivais audiovisuais distribúen 300.000 euros entre 10 mostras do sector

Publícase na web da Axencia Galega das Industrias Culturais a resolución desta convocatoria anual de subvencións

01/04/2024 | 16:23 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Filmoteca de Galicia conmemora os 50 anos da Revolución dos Caraveis cunha programación especial

A cinemateca programa oito películas que afondan no 25 de abril de 1974 en Portugal

27/03/2024 | 15:34 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A produtora Matriuska Filma co apoio da Xunta o documental “Hoxe e o resto do mundo” sobre a historia de Sargadelos

O filme grávase nas provincias da Coruña e Lugo cunha subvención de máis de 77.000 euros por parte da Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades

13/03/2024 | 17:40 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

O filme ‘San Simón’ ródase na provincia de Pontevedra co apoio da Xunta a través das axudas á produción audiovisual

A película conta cunha subvención de máis de 255.000 euros da Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades

29/02/2024 | 15:29 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A filmoteca de Galicia celebra o Día da Muller durante todo o mes de marzo con 26 traballos de dirección feminina

A nova edición do ciclo ‘Olladas de muller’ inclúe 15 títulos e ábrese o día 5 cun coloquio con Jaione Camborda e Laura Ferrés seguido da proxección das curtas Rapa das Bestas e Los desheredados

28/02/2024 | 16:31 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

O colexio Felipe de Castro, de Noia, desenvolve estes días o programa da Xunta ‘Cinema con perspectiva’, de concienciación sobre a igualdade de xénero

A directora xeral de Ordenación e Innovación Educativa visita as actividades desta iniciativa, que inclúen a proxección de curtas, coloquios e obradoiros

22/02/2024 | 14:38 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta activa unha nova liña de subvencións para incubadoras e residencias audiovisuais cun investimento de 200.000€

Rueda salienta que se suma de xeito extraordinario ao programa de axudas ao sector para 2024, a través do cal a Consellería de Cultura, Educación Formación Profesional e Universidades investirá máis de 5,8 millóns de euros nas diferentes fases do proceso audiovisual

21/02/2024 | 12:47 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta presenta unha nova edición do catálogo ‘Films from Galicia’ con información sobre 75 producións galegas para cine e televisión

A Axencia Galega das Industrias Culturais comeza a difusión da escolma deste ano no 36º European Film Market que se celebra estes días en paralelo á Berlinale

13/02/2024 | 15:49 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

O Hub audiovisual da Xunta acadou un impacto económico de máis de 32 M€ e executou 109 proxectos, segundo un estudo presentado pola USC

Permitiu a creación de 777 empregos anuais, a mobilización de 28,5 M€ a través da actividade transversal xerada e o retorno duns catro euros por cada euro investido