Actualidade
A Xunta renova o seu compromiso cos Premios María Casares, que poñen en valor o exercicio profesional e artístico do teatro galego
O delegado da Xunta participou na presentación da cerimonia, que terá lugar este xoves, 30 de marzo, no Teatro Rosalía Castro da Coruña baixo a dirección da Asociación de Actores e Actrices de Galicia
Trenor participou na presentación da III edición do Encontro Mundial do Humorismo que se celebrará na Coruña do 28 de abril ao 7 de maio
Na actualidade, están en funcionamento 95 centros desta tipoloxía por toda a Comunidade que ofrecen 475 prazas gratuítas de atención a nenos de 0 a 3 anos
A Xunta inviste 140.000 euros na mellora da praza da Alameda do Porriño
O vicepresidente segundo e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes visitou a localidade para coñecer as melloras executadas no marco dun convenio co Concello
A AGASP acolle a formación das 25 persoas que integran a 8ª promoción de inspectores de Policía Local
O director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, visitou o alumnado desta categoría que coincidirá nas instalacións da Academia coas 78 persoas da 15ª promoción de Policía Local, as 25 da 9ª promoción de oficiais e os centos de efectivos das forzas e corpos de seguridade que cada semana participan nos cursos do plan de formación continua
Luis López destaca a aposta da Xunta polo emprego na comarca de Caldas na súa visita ao obradoiro Os Camiños do Camiño III
O delegado territorial en Pontevedra animou os 20 alumnos-traballadores, distribuídos nos módulos de Albanelería e Xardinaría-Forestal, a aproveitar esta oportunidade formativa para aprender un oficio e dotarse de máis oportunidades de futuro no mercado laboral
O conselleiro de Sanidade visita o inicio das obras de reforma do centro de saúde de San Amaro (Ourense)
Xunta e Concello renovarán a cuberta e os aseos do centro de saúde deste municipio
A Xunta destina 850.000 € aos 15 concellos da contorna de Pontevedra ao abeiro do Plan de mellora de camiños rurais 2023-2024
O delegado territorial en Pontevedra, Luis López, informou desta resolución da Consellería do Medio Rural nunha visita de supervisión ás obras realizadas coa anterior convocatoria no viario A Bouza-Urxeira, no Concello de Poio, xunto ao alcalde, Luciano Sobral
A Xunta imparte a través da Agasp un curso de loita contra incendios en buques atracados en porto
O director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, visitou hoxe os 40 participantes nesta formación dirixida a efectivos de servizos de extinción de incendios e salvamento, servizos municipais de protección civil e grupos de emerxencias supramunicipais
A Xunta aborda a colaboración coa Real Academia Galega de Xurisprudencia e Lexislación
A Policía Autonómica comisa 300 quilos de ameixa e 100 de ourizo na Coruña
Os axentes identificaron 12 persoas no marco dun operativo de loita contra o furtivismo desenvolvido cos vixilantes da Confraría da Coruña