Actualidade

Buscador de novas
Buscar anteriores 6 meses
Filtrar por área temática:
Filtrar por departamento:
Filtrar por data:
Ten dispoñibles para consulta 892 novas da Vicepresidencia segunda e C. de Presidencia, Xustiza e Deportes :
24/03/23 | 16:21  | Vicepresidencia segunda e C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Policía Autonómica esclarece a autoría dun vertedoiro de residuos perigosos no concello de Lugo

Os axentes atoparon nun monte da parroquia de Bocamaos pezas de vehículos e documentación coa que conseguiron identificar ao presunto autor, que xa fora denunciado con anterioridade por contar cun taller ilegal

24/03/23 | 15:37  | Vicepresidencia segunda e C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Lete pon de exemplo ao remeiro Cosme Sampedro para concienciar da importancia do deporte na vida na presentación do torneo de fútbol base de Ribeira

O torneo contará coa participación de máis dun milleiro de nenos e nenas ao longo da fin de semana repartidos en 53 equipos autonómicos, nacionais e mesmo internacionais -Braga, Benfica e Porto de Portugal, así como o ESBF Bouafle Academy francés-

24/03/23 | 14:19  | Vicepresidencia segunda e C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades

A Xunta inviste preto de 30.000 € na substitución de varias ventás no CEIP Plurilingüe O Ramo, de Fene

A intervención, orientada a mellorar o illamento térmico do centro, consistiu na instalación de oito novas ventás, un ventanal e un portal de acceso

24/03/23 | 12:34  | Vicepresidencia segunda e C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta colabora na mellora dos espazos naturais e da eficiencia enerxética do Concello de Nogueira de Ramuín

A directora xeral de Administración Local e o delegado territorial da Xunta en Ourense visitaron a localidade para coñecer as actuacións realizadas no marco do Fondo de Compensación Ambiental, dotado con máis de 11 M€

24/03/23 | 12:01  | Vicepresidencia segunda e C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta dota a Agrupacións de Voluntarios de Protección Civil da provincia da Coruña con tendas de campaña de emerxencias

O director xeral de Emerxencias e Interior e os delegados territoriais da Xunta na Coruña e Ferrol participaron na entrega das dotacións

23/03/23 | 16:03  | Vicepresidencia segunda e C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. de Promoción do Emprego e Igualdade

A Xunta e os hostaleiros lucenses impulsan un novo programa integrado de emprego que formará a 100 traballadores

O Goberno galego leva investidos 1,7 millóns de euros nas oito edicións deste proxecto, que promove a APEHL para incorporar a profesionais cualificados nas distintas categorías do sector

23/03/23 | 15:56  | Vicepresidencia segunda e C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta aposta pola formación e a planificación a prol da prevención e a protección cidadá

O director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, participou na clausura do 16º Salón da Prevención e Seguridade Laboral desenvolvido en Ourense onte e hoxe co apoio do Goberno galego

23/03/23 | 15:52  | Vicepresidencia segunda e C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta apoia o labor de UNICEF en materia humanitaria e de cooperación exterior con 1,5 M€ nos últimos anos

O vicepresidente segundo e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes reuniuse hoxe co presidente executivo de UNICEF España

23/03/23 | 14:20  | Vicepresidencia segunda e C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades

A Xunta investirá máis de 200.000 € na instalación de tres ascensores en dous centros educativos do concello de Narón

Estes novos servizos instalaranse no CPI do Feal, onde se colocarán dous ascensores, e no CEIP A Gándara, onde o proxecto inclúe o acondicionamento dun aseo adaptado con cambiador na planta baixa

23/03/23 | 13:42  | Vicepresidencia segunda e C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta apoia a posta en marcha da nova Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Dozón

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Luis López, e o director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, entregaron os carnés oficiais identificativos aos once integrantes da entidade nun acto celebrado no consistorio coa presenza do alcalde, Adolfo Campos

Busca avanzada
Insira un texto para a busca:
En todo o contido
Presentación de resultados
Ordenar
Número de resultados por páxina: