Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 785 novas da área temática Benestar:

25/09/2024 | 18:10 | C. de Política Social e Igualdade

Fabiola García insta ao Goberno central a que elabore un protocolo de actuación común para os centros de crise 24 horas

Lamentou que en ningún momento se contara coas Comunidades Autónomas para poñer en marcha estes recursos e que non se achegaran fondos para o seu mantemento

22/09/2024 | 11:57 | C. de Política Social e Igualdade

Fabiola García visita aos usuarios do centro ocupacional de discapacidade psíquica de Verín

A conselleira de Política Social e Igualdade comprobou o estado das obras e supervisou as actividades que realizan os adultos que asisten a este centro

21/09/2024 | 16:46 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta poñerá en marcha en Lugo, antes de que remate o ano, un centro de crise 24h para atender a vítimas de agresións sexuais

Este espazo estará situado nas instalacións do Complexo Hospitalario Lucus Augusti e será un dos cinco que haberá en Galicia

21/09/2024 | 15:31 | C. de Política Social e Igualdade

Fabiola García inaugura o primeiro centro de día especializado na atención a persoas con trastorno do espectro autista da provincia de Lugo

A entidade Raiolas é a responsable deste novo servizo, situado no campus universitario e que contou co apoio da Xunta de Galicia

20/09/2024 | 19:34 | C. de Política Social e Igualdade

Agadea Alzhéimer celebra o seu 30 aniversario nunha gala na que se conmemorou a súa traxectoria

Fabiola García destacou a traxectoria de Agadea como un “aliado fundamental” da Administración galega nestas tres últimas décadas

20/09/2024 | 19:29 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta publica no DOG a nova convocatoria de axudas de 28 millóns para programas con fins sociais

A dotación económica ascenderá ata os preto de 33 millóns de euros unha vez realizadas as xeracións de crédito deste ano, o que supón un aumento do 20%

18/09/2024 | 13:33 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta pon en valor a nova tenda ‘Arroupa’ de Cáritas en Carballo como unha aposta polo emprego inclusivo e pola economía circular

A directora xeral de Traballo Autónomo e Economía Social, Marta Mariño, asistiu hoxe á inauguración do establecemento, destacando que esta empresa de inserción recibe apoio do Goberno galego para garantir a súa actividade

13/09/2024 | 14:28 | C. de Política Social e Igualdade

Belén do Campo destaca o novo compromiso de AFACO cos enfermos de Alzhéimer coa apertura dun local de estimulación cognitiva

A delegada da Xunta destacou a importancia de que as entidades conten cos locais adecuados para poder ofrecer máis e mellores servizos aos seus pacientes e aos seus familiares

11/09/2024 | 13:32 | C. de Política Social e Igualdade

Fabiola García urxe ao Goberno central a renovar canto antes o pacto de estado contra a violencia de xénero, que leva conxelado desde 2022

Propuxo a incorporación de medidas específicas contra a violencia vicaria ou a violencia dixital, así como que se promulgue unha lei específica contra a trata de persoas