Actualidade

Buscador de novas
Buscar anteriores 6 meses
Filtrar por área temática:
Filtrar por departamento:
Filtrar por data:
Ten dispoñibles para consulta 892 novas da Vicepresidencia segunda e C. de Presidencia, Xustiza e Deportes :
23/03/23 | 13:37  | Vicepresidencia segunda e C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta aposta por intensificar este ano a cooperación transfronteiriza e a mobilidade académica na Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal

A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, presidiu a sesión da Asemblea e o Consello Superior da Agrupación Europea de Cooperación Territorial (AECT) da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal, na que se estableceron as liñas de actividade para 2023

23/03/23 | 13:34  | Vicepresidencia segunda e C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Fernández-Tapias salienta a traxectoria da Vig-Bay como exemplo dos “valores da cidade” e celebra o seu título de Vigués Distinguido 2023

A delegada da Xunta en Vigo participou na presentación da vixésima segunda edición da proba, que recibirá este mesmo xoves o galardón da cidade

23/03/23 | 13:05  | Vicepresidencia segunda e C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta destaca que a Cidade da Xustiza de Vigo anticípase ao Plan Xustiza 2030 ao cumprir todas as características requiridas para as futuras sedes xudiciais sustentables

O director xeral de Xustiza, José Tronchoni, explicou hoxe no Parlamento galego que o novo edificio unifica nun só inmoble todos os órganos xudiciais da cidade e ten un deseño que aposta pola eficiencia enerxética e a accesibilidade

23/03/23 | 12:41  | Vicepresidencia segunda e C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. de Política Social e Xuventude

A Xunta mantén a casa niño de Dozón por sexto ano consecutivo cunha achega de case 25.000 €

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Luis López, e o alcalde, Adolfo Campos, visitaron esta mañá o centro Pequeniños, dirixido por Ylenia Varela e que ten completas as súas cinco prazas de atención infantil para cativos de 0 a 3 anos

23/03/23 | 12:41  | Vicepresidencia segunda e C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. de Sanidade; C. de Infraestruturas e Mobilidade

A Xunta e o Concello de Sarreaus rematan a reforma da cuberta do centro de saúde municipal

Substituíuse o material da cuberta existente para aumentar o illamento térmico da envolvente
 

22/03/23 | 19:21  | A Presidencia da Xunta; Vicepresidencia segunda e C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Rueda pon en valor a Cidade da Xustiza de Vigo como símbolo do compromiso da Xunta cunhas infraestruturas xudiciais funcionais e de calidade

Subliña que coa transformación do edificio coñecido como Pirulí na Cidade da Xustiza asumiuse o reto de ofrecer aos cidadáns unhas instalacións que xa son un referente mundial no eido das infraestruturas xudiciais

22/03/23 | 19:11  | Vicepresidencia segunda e C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta activa unha alerta laranxa para mañá por temporal costeiro

Agárdase mar combinada do oeste ou noroeste con ondas de ata 6 metros

22/03/23 | 17:27  | Vicepresidencia segunda e C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Lete destaca o gran nivel do taekwondo galego como mostran, entre moitos outros, os excelentes resultados do deportista do CGTD, Iván García

O secretario xeral para o Deporte tamén recibiu a unha promesa do motociclismo galego de velocidade como Marco Díaz, que xa está a acadar importantes éxitos a pesar da súa mocidade

22/03/23 | 16:36  | Vicepresidencia segunda e C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. do Medio Rural

Uns 150 escolares do CEIP Paradai de Lugo participan nunha plantación organizada pola Xunta para celebrar o Día da Árbore

O delegado territorial, Javier Arias, explica que a Xefatura Territorial de Medio Rural reparte estes días centos de exemplares en centros educativos da provincia para concienciar ás xeracións máis novas da importancia de coidar o medio ambiente

22/03/23 | 16:03  | A Presidencia da Xunta; Vicepresidencia segunda e C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Rueda eloxia o papel da Policía Local á hora de construír unha Galicia máis segura para vivir, traballar e visitar

Agradeceu o compromiso e a dedicación dos axentes nun corpo que “case sempre é o primeiro en acudir a situacións de emerxencias”

Busca avanzada
Insira un texto para a busca:
En todo o contido
Presentación de resultados
Ordenar
Número de resultados por páxina: