Actualidade

Buscador de novas
Buscar anteriores 6 meses
Filtrar por área temática:
Filtrar por departamento:
Filtrar por data:
Ten dispoñibles para consulta 11171 novas da Fonte: :
21/06/23 | 12:44  | C. de Sanidade

A Xunta e o Comité cidadán antisida da Coruña colaborarán na prevención e a detección precoz da infección polo VIH e a hepatite C en zonas de ocio

Procederase á realización dun programa piloto dunha duración de seis meses, que se levará a cabo a través dunha unidade móbil (ViHxía móbil), e para o que Sanidade achegará a CASCO un total de 18.000 euros

21/06/23 | 12:17  | C. de Infraestruturas e Mobilidade

A Xunta e o Seprona impulsan un plan de actuación conxunto para a defensa dos ríos da Demarcación Galicia-Costa e intensificar a loita contra os vertidos

Vázquez Mourelle destaca que o obxectivo é reforzar a colaboración xa en marcha entre a Xunta e a Garda Civil a través da planificación, a coordinación de actuacións, o intercambio de datos e a formación dos profesionais para preservar o recurso hídrico

21/06/23 | 11:01  | Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta realiza mañá e o venres probas de funcionamento das sirenas de aviso á poboación de 39 presas galegas

A medida non afectará á actividade diaria da veciñanza e servirá para comprobar o sistema de aviso acústico que se activaría en caso de ruptura

21/06/23 | 10:12  | C. de Promoción do Emprego e Igualdade

A Xunta e o Clúster TIC Galicia traballarán da man para conectar oferta con demanda de emprego e poder dar cobertura ás vacantes do mercado laboral

A entidade que representa ao sector das Tecnoloxías da Información e da Comunicación (TIC) súmase ao sistema de difusión de ofertas do Servizo de Emprego de Galicia tras a sinatura do protocolo de adhesión a esta iniciativa do Goberno galego

20/06/23 | 20:00  | A Presidencia da Xunta; Axencia de Turismo de Galicia

Rueda enxalza o presente e o potencial turístico dunha Galicia que apunta a seguir batendo récords de viaxeiros e de ocupación hoteleira no 2023

Subliña que a Comunidade “está aberta a todo o mundo” porque son moitos os seus atractivos e porque “queda moito por descubrir”

20/06/23 | 18:54  | Consellería de Economía, Industria e Innovación

A Xunta lembra que continúa aberto o prazo de presentación de solicitudes para impulsar proxectos de dixitalización que faciliten a transformación industrial das pemes galegas

O director do Igape, Fernando Guldrís, participou hoxe nunha xornada informativa do Foro Empresa Pontevedra onde informou de que a convocatoria actual do programa de Dixitalización Industria 4.0 conta con 5M€ para apoiar a posta en marcha de sistemas de fabricación distribuída, de facturación ou de procesos entre un líder industrial cara ás empresas que conforman a súa cadea de valor

20/06/23 | 18:40  | C. do Mar

Galicia defende a rebaixa do IVE dos produtos do mar para reactivar o seu consumo e recoñecer o labor esencial do sector pesqueiro

O titular de Mar sinalou que esta medida contribuiría a incentivar o movemento do mercado, a aliviar a situación das familias -especialmente as de baixos ingresos- e a mellorar as previsións de crecemento económico

20/06/23 | 18:36  | C. do Medio Rural

A Xunta participa en Portugal nun seminario sobre bioeconomía forestal, tecnoloxías, mercados e políticas

José Luis Chan moderou a mesa redonda “Mercados emerxentes: secuestro de carbono, servizos ecosistémicos e xestión forestal”

20/06/23 | 18:28  | Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. do Medio Rural

A Policía Autonómica esclarece un incendio forestal no concello coruñés de Vimianzo

O lume afectou 0,6 hectáreas de superficie debido aos impactos dunha rozadoira de cadeas nunhas pedras que xeraron chispas e deron lugar ao inicio do incendio

Busca avanzada
Insira un texto para a busca:
En todo o contido
Presentación de resultados
Ordenar
Número de resultados por páxina: