Actualidade

Buscador de novas
Buscar anteriores 6 meses
Filtrar por área temática:
Filtrar por departamento:
Filtrar por data:
Ten dispoñibles para consulta 10977 novas da Fonte: :
13/06/23 | 13:15  | C. de Promoción do Emprego e Igualdade

Lorenzana pon en valor na oficina de emprego Coruña Centro os novos servizos da Xunta que beneficiarán a demandantes e empresas na busca de perfís axeitados

A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade mantivo hoxe un encontro co persoal do Servizo Público de Emprego de Galicia da oficina sita no espazo Amizar
 

13/06/23 | 13:01  | C. de Infraestruturas e Mobilidade

A Xunta remata a renovación das beirarrúas do tramo urbano da estrada PO-226 en Moraña, cun investimento de 387.000 euros

Actuouse no treito de 300 metros da vía autonómica, desde a intersección que dá acceso á Casa do Concello ata a chegar ao límite do casco urbano

13/06/23 | 12:46  | C. de Política Social e Xuventude

A campaña de verán da Xunta é a que máis prazas ofrece de todo o Estado

Neste 2023 ofrécense 11.200 prazas, 400 máis que o ano pasado e 2.200 máis que no ano 2009, en distintas actividades para idades comprendidas entre os 9 e os 30 anos
 

13/06/23 | 11:55  | C. do Medio Rural

A Xunta, o CSIC e o Goberno de Israel intercambian coñecementos e experiencias sobre o estudo das características biolóxicas e agrónomas do solo

Unha investigadora do Centro Superior de Investigacións Científicas e unha representante do Ministerio de Agricultura de Israel visitaron o Centro de Formación e Experimentación Agraria de Sergude

13/06/23 | 11:55  | C. de Política Social e Xuventude; C. de Promoción do Emprego e Igualdade

A residencia Lug 2 da Xunta acolle un encontro internacional de mocidade arredor da innovación e o emprendemento en zonas rurais

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, deulles a benvida aos máis de 60 asistentes de nove países que estes días participarán en diferentes actividades e visitarán a capital lucense, a Mariña e o Camiño Francés

 

13/06/23 | 11:42  | C. de Facenda e Administración Pública

A Xunta destaca a crecente demanda de perfís especializados en ciberseguridade e a necesidade de xerar e reter talento neste ámbito

O director da Axencia para a Modernización Tecnolóxica, Julián Cerviño, inaugurou hoxe en Ourense unha xornada sobre as perspectivas de futuro desta tecnoloxía en Galicia
 

13/06/23 | 11:22  | C. de Promoción do Emprego e Igualdade

Lorenzana sinala na Coruña que a nova Lei de igualdade suporá unha oportunidade para reter e atraer talento e para a mellora da competitividade

A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade participou hoxe na apertura da xornada Igualdade, diversidade e violencia no traballo: actualidade e futuro, onde destacou que a normativa situará a Galicia á vangarda no eido laboral
 

12/06/23 | 21:31  | Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

Diego Calvo pon en valor o papel das audiencias provinciais como garantía de seguridade xurídica

O vicepresidente segundo e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo participou nun encontro no marco das XXI Xornadas de Presidentes e Presidentas de Audiencias Provinciais de España, que este ano se celebran en Galicia

12/06/23 | 20:28  | C. de Sanidade

Comesaña salienta o Estudo da cardióloga Martínez Monzonís sobre a utilidade dos biomarcadores prognósticos, na entrega dos IV Premios Ramiro Carregal

Xunto co seu equipo, a cardióloga Martínez Monzonís desenvolve o proxecto: ‘Estudo sobre os marcadores prognósticos na insuficiencia tricuspídea (IT) significativa na era do tratamento percutáneo: o papel das técnicas de imaxe cardíaca avanzada e a graxa epicárdica’

12/06/23 | 19:05  | C. de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades

O novo CIFP Montecelo sumará 100 prazas e ciclos novos para especializarse na área da sanidade

Será o terceiro centro deste tipo na cidade de Pontevedra dentro dunha rede que vai medrar ata os 27 repartidos por toda Galicia

Busca avanzada
Insira un texto para a busca:
En todo o contido
Presentación de resultados
Ordenar
Número de resultados por páxina: