Actualidade

Buscador de novas
Buscar anteriores 6 meses
Filtrar por área temática:
Filtrar por departamento:
Filtrar por data:
Ten dispoñibles para consulta 10977 novas da Fonte: :
12/06/23 | 13:57  | Consellería de Economía, Industria e Innovación

A Xunta de Galicia pon en marcha o plan de inspección de seguridade industrial co que se realizarán máis de 1400 controis

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe as actuacións coas que se comprobará a adecuación dos establecementos, instalacións, actividades e produtos respecto dos regulamentos de seguridade industrial e normativas que lle sexan aplicables

12/06/23 | 13:36  | C. de Promoción do Emprego e Igualdade

Lorenzana presenta nas oficinas de emprego de Ferrol e Vilalba o novo sistema de intelixencia artificial, EMi, que permitirá axustar oferta e demanda de traballo

A conselleira de promoción do emprego e igualdade, maría jesús lorenzana, mantivo hoxe un encontro co persoal traballador das instalacións ferrolás do centro, emprazadas na praza Camilo José Cela, e de Vilalba, ubicadas en Pintor López Guntín

12/06/23 | 13:35  | C. de Facenda e Administración Pública

A Xunta aborda en Bruxelas a situación dos fondos do mecanismo de recuperación e o plan estratéxico de Galicia 2030

O conselleiro de Facenda e Administración Pública, Miguel Corgos manterá hoxe e mañá diversos encontros con representantes da Comisión Europea

12/06/23 | 13:27  | C. de Infraestruturas e Mobilidade

A Xunta e o Clúster da Función Loxística de Galicia colaboran para impulsar o Corredor Atlántico Noroeste e contribuír a que Galicia sexa un polo de transporte de mercadorías de referencia global

O Goberno galego financiará con 140.000€ as actuacións que desenvolva o Clúster para o fomento do Corredor Atlántico ata 2025, coincidindo cun período esencial dentro dos prazos da UE para o desenvolvemento da súa rede prioritaria de transporte

12/06/23 | 13:25  | C. de Política Social e Xuventude

Fabiola García felicita aos 80 participantes do programa Deputados por un día por defender causas xustas para mellorar Galicia

O compromiso máis votado polos “novos parlamentarios” foi o de loitar polo clima utilizando máis o transporte público e a bicicleta, e menos o coche

12/06/23 | 13:20  | C. do Mar

A Xunta destaca a economía azul e os produtos do mar como motores de crecemento nas zonas costeiras

Antonio Basanta salienta o papel destacado que xoga a comunidade neste ámbito cos investimentos realizados en eidos como a pesca, a acuicultura, o marítimo-portuario ou o turismo

12/06/23 | 13:16  | C. de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades

O CDG conmemorará en 2024 o seu 40º aniversario cun espectáculo que reunirá en escena 20 actores e actrices

A Xunta de Galicia convoca o proceso de selección de intérpretes, cuxo prazo para presentar solicitudes permanecerá aberto desde mañá e ata o 27 de xuño
 

12/06/23 | 12:53  | C. de Política Social e Xuventude

A Xunta dá a coñecer ao alumnado do IES Auga da Laxe iniciativas protagonizadas por emprendedores

María Fontán, mariscadora e creadora da conta ‘Mariscadora 2.0’, e Isaac González, produtor audiovisual, trasladaron aos estudantes as súas experiencias e responderon ás súas dúbidas sobre oportunidades formativas e laborais

12/06/23 | 12:15  | C. de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades

A nova materia de Cultura Financeira dotará ao alumnado de ferramentas axeitadas para o emprendemento e o consumo ético e sustentable

Román Rodríguez salienta que a Xunta continúa dando pasos para asegurar un bo desenvolvemento competencial da mocidade, tanto para o seu futuro laboral como para o desempeño na vida diaria

12/06/23 | 12:03  | C. de Infraestruturas e Mobilidade

A Xunta publica a aprobación do proxecto de trazado dos accesos ao novo hospital público da Coruña

Trátase do anel de circulación ao redor do Novo CHUAC e da configuración das entradas ao complexo, que garantirá tamén o tránsito durante as obras

Busca avanzada
Insira un texto para a busca:
En todo o contido
Presentación de resultados
Ordenar
Número de resultados por páxina: