Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.058 novas da área temática Emprego:

26/07/2024 | 16:04 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta destaca o papel do Encontro de Torneiros de Xermade na visibilización e na divulgación deste oficio artesanal

 A xerente da Fundación Artesanía de Galicia, Elena Fabeiro, participou esta mañá na presentación do XXIV Encontro Internacional de Torneiros da Madeira, que se celebrará en Xermade (Lugo) os días 20, 21 e 22 de setembro, e no que a Xunta colabora desde a primeira edición

26/07/2024 | 09:27 | C. de Sanidade

O Servizo Galego de Saúde publica a relación definitiva das listas de admitidos en diversas categorías de persoal sanitario e administración

Ofértanse un total de 7 prazas en diversas categorías de persoal funcionario da escala de saúde pública

25/07/2024 | 16:51 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta enxalza os emigrantes como os mellores embaixadores de Galicia no mundo

Coincidindo co Día de Galicia, José González asistirá ao acto do 45º aniversario do Centro Galicia de Bos Aires, unha entidade que conta con máis de 9.000 socias e socios

24/07/2024 | 10:33 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta publica o calendario laboral para 2025 e fixa como festivos propios o 17 de maio e o 25 de xullo

A normativa estatal fixa 14 festivos: 12 marcados polo Estado e dous elixidos polos concellos

23/07/2024 | 13:43 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta salienta a importancia da formación para captar e reter talento no sector TIC da comunidade

A directora xeral de Formación e Cualificación para o Emprego, Zeltia Lado, visitou esta mañá a sede da compañía de servizos profesionais Deloitte na Coruña

22/07/2024 | 12:11 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

Aneiros defende o éxito de programas mixtos de formación e emprego durante unha visita ao alumnado do obradoiro de garantía xuvenil’ Inicia VII’

O programa, que conta con 15 participantes, desenvólvese na modalidade de fabricación e montaxe de instalacións de tubaxe industrial

20/07/2024 | 12:48 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta informa das vantaxes do Bono remuda para garantir o mantemento dos negocios como dinamizadores do territorio e xeradores de riqueza

O secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais, Pablo Fernández, dirixirase a través dun webinario ao equipo técnico dos Polos de emprendemento e de entidades de persoas traballadoras autónomas, empresariais ou comerciais, así como a xestorías e colexios de graduados sociais para resolver dúbidas sobre a convocatoria aberta

19/07/2024 | 18:05 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta destaca as oportunidades laborais da primeira promoción de expertos en elaboración e negociación de plans de igualdade da Universidade da Coruña

O  secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais, Pablo Fernández, participou esta tarde no acto de despedida e entrega de diplomas a este alumnado da Escola de Relacións Laborais herculina

19/07/2024 | 12:17 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta presenta o programa que asesorará de balde dentro da rede de Polos a 30 proxectos emprendedores en materia de márketing e comunicación

O secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais e a directora xeral de Traballo Autónomo e Economía Social participaron na presentación de Alento, iniciativa impulsada polo Goberno galego e o Clúster da Comunicación de Galicia

19/07/2024 | 10:27 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta aposta por potenciar as prazas de abastos e transformalas en ‘Mercados Excelentes’ como eixos do comercio local e vertebradores do territorio

O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, visitou esta mañá a praza de abastos de Santiago para dar a coñecer a nova orde de axudas que publica hoxe o DOG