Actualidade

Buscador de novas
Buscar anteriores 6 meses
Filtrar por área temática:
Filtrar por departamento:
Filtrar por data:
Ten dispoñibles para consulta 787 novas da área temática Emprego :
18/01/24 | 13:03  | C. de Promoción do Emprego e Igualdade

A Xunta aposta a través do Polo de Coristanco por impulsar as iniciativas de emprendemento no eido da construción sustentable

O secretario xeral de Apoio ao Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social, Pablo Fernández, participou en Laxe no evento ‘As oportunidades da construción sostible’, no que colabora o Clúster galego de solucións ambientais e economía circular (Viratec)

18/01/24 | 12:55  | C. de Promoción do Emprego e Igualdade

O DOG publica a convocatoria que eleva ata os 7,13 M€ o orzamento para a contratación de orientadores laborais en concellos e entidades sen ánimo de lucro

Prevese que estas axudas que saen hoxe no Diario Oficial de Galicia -que se poden solicitar desde mañá ata o próximo 19 de febreiro- beneficien preto de 135 municipios e entidades para a contratación ou o mantemento de arredor de 260 técnicos

17/01/24 | 15:14  | C. de Promoción do Emprego e Igualdade

Rivo sinala o coñecemento, a diversidade de talentos e o potencial emprendedor de Galicia como claves para dar resposta aos retos do mercado laboral

A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, Elena Rivo, participou nun foro cos socios do Círculo de Empresarios de Galicia

17/01/24 | 14:36  | C. de Promoción do Emprego e Igualdade

A Xunta presenta o proxecto colaborativo de emprendemento Cociña de ancares terras de burón

A secretaria xeral da Igualdade, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Emprendemento e Apoio ao Emprego, Margarita Ardao, loaron o proxecto impulsado polo Polo de emprendemento da Fonsagrada e o GDR Montes e Vales Orientais
 

17/01/24 | 14:21  | C. de Sanidade

O Sergas publica o lugar, data e hora de realización dos exercicios da oposición para o ingreso en diversas categorías de persoal estatutario

Están convocadas 20.515 persoas aspirantes aos exames que se realizarán no Recinto da Feira Internacional de Galicia, en Silleda, os días 3, 4 e 10 de febreiro

16/01/24 | 13:02  | C. de Promoción do Emprego e Igualdade

A Xunta conciencia sobre os danos que pode causar a manipulación inadecuada dos produtos químicos empregados polos profesionais dos salóns de beleza

A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, Elena Rivo, está a visitar varios negocios e un centro de formación en Ourense para dar a coñecer ao persoal e alumnado medidas de prevención para os tratamentos de cabelo, unllas e pestanas
 

16/01/24 | 10:49  | C. de Promoción do Emprego e Igualdade

O DOG convoca axudas para que entidades sen ánimo de lucro desenvolvan proxectos de atención social integral para vítimas de trata e explotación sexual

A Xunta mobilizará 450.000 euros para garantir a atención administrativa e psicolóxica a estas persoas, así como o acompañamento inicial nos chamamentos xudiciais e policiais e accións de rúa para localizar ás vítimas e ofrecerlles os recursos dispoñibles

16/01/24 | 10:43  | C. de Promoción do Emprego e Igualdade

A Xunta pon en valor as políticas a prol do emprego para o desenvolvemento e a fixación de poboación no rural

A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, Elena Rivo, visitou hoxe o programa de conciliación de Boborás, do que se beneficia alumnado do CEIP Nosa Señora de Xuvencos
 

16/01/24 | 10:24  | C. de Promoción do Emprego e Igualdade

A Xunta abre hoxe o prazo de solicitude das axudas para a promoción do emprego autónomo que inclúen a cota cero para as novas altas

A Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade destina case 29M€ a financiar os primeiros gastos da actividade dos traballadores por conta propia
 

15/01/24 | 14:02  | C. de Promoción do Emprego e Igualdade

Rivo apela ao traballo conxunto e constante cos sectores da economía de Galicia para avanzar na mellora da prevención de riscos laborais

A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, Elena Rivo, acompañada do delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, presentou hoxe no balneario de Laias a campaña autonómica 'Cóidate' que pon o foco nos establecementos de augas minerais e termais para minimizar os riscos laborais

Busca avanzada
Insira un texto para a busca:
En todo o contido
Presentación de resultados
Ordenar
Número de resultados por páxina: