Actualidade

Buscador de novas
Buscar anteriores 6 meses
Filtrar por área temática:
Filtrar por departamento:
Filtrar por data:
Ten dispoñibles para consulta 782 novas da área temática Emprego :
11/01/24 | 14:50  | Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. de Promoción do Emprego e Igualdade

A Xunta explica en Lugo as liñas de axuda ao emprego autónomo que poderán solicitarse a partir do martes

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, informou ao presidente do Colexio Profesional de Graduados Sociais, Manuel Núñez, dos pormenores da convocatoria

11/01/24 | 14:45  | Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. de Promoción do Emprego e Igualdade

A delegada da Xunta visita aos alumnos do novo obradoiro dual que formará a 20 persoas desempregadas en Salceda de Caselas

A delegada territorial, Ana Ortiz, fixo un percorrido polo Centro de Desenvolvemento Local de O Torrón no que se celebra o curso “Melloras e reformas de centros formativos e cívicos”

09/01/24 | 14:52  | Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta crea 13 novos postos de traballo na residencia de maiores de Caranza e no centro de atención de menores de Ferrol

A delegada territorial en Ferrol, Martina Aneiros, mantivo un encontro coa directora da residencia de maiores e visitou o centro sociocomunitario integrado nestas instalacións

09/01/24 | 13:20  | C. de Promoción do Emprego e Igualdade

O Diario Oficial de Galicia convoca as axudas de promoción do emprego autónomo por 29 M€ para 2024, que inclúen a cota cero para novas altas

A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, Elena Rivo, visitou hoxe a asociación Compostela Monumental, onde expuxo os apoios da Xunta para financiar os primeiros gastos da actividade dos traballadores por conta propia

08/01/24 | 10:29  | C. de Promoción do Emprego e Igualdade

O Diario Oficial de Galicia publica a convocatoria de unidades formativas que prevén cualificar máis de 3.000 persoas desempregadas

A Xunta de Galicia destina 8 millóns de euros ao financiamento destas actividades que inclúen un compromiso de contratación de polo menos o 40% dos participantes

06/01/24 | 10:01  | Consellería de Economía, Industria e Innovación

A Xunta destina máis de 9 M€ á internacionalización de pemes e autónomos galegos contribuíndo á diversificación de novos mercados

O Goberno galego abre unha nova convocatoria dos programas Galicia Exporta Empresas, Organismos Intermedios e Dixital na procura de incentivar a realización de accións de promoción exterior que xeren vantaxes competitivas na proxección e o posicionamento do tecido produtivo galego nos mercados internacionais

05/01/24 | 15:15  | Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. do Medio Rural

Arias visita as instalacións da empresa Oviganic Ibérica en Monforte, que dá emprego a preto dun centenar de traballadores

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, informou que o DOG publica hoxe a convocatoria de axudas para a transformación e comercialización de produtos agrarios á que destina 30M€

05/01/24 | 12:25  | Secretaría Xeral de Emigración ; C. de Promoción do Emprego e Igualdade

A Xunta busca reforzar e impulsar os programas de acceso ao emprego dos galegos retornados

A Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade e a Secretaría Xeral de Emigración analizaron nunha reunión os programas desenvolvidos no ano 2023, tanto de apoio ao emprendemento como de acompañamento na busca de emprego por conta allea

03/01/24 | 11:17  | C. de Promoción do Emprego e Igualdade

Galicia pechou o ano con menos de 130.000 persoas en paro por primeira vez desde 1996

A directora xeral de Formación para o Emprego e Orientación, Zeltia Lado, destacou o bo comportamento entre os desempregados menores de 30 e as mulleres coas mellores cifras para un decembro desde que se levan rexistros
 

30/12/23 | 12:00  | C. de Promoción do Emprego e Igualdade

O DOG publica unha ampliación de crédito de 2,1 M€ nas axudas para financiar os 3.500 postos laborais dos 130 centros especiais de emprego de Galicia

Con este incremento, aténdense o 100% das solicitudes das axudas deste programa da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade con que se promove a creación, ampliación, mantemento e adaptación dos postos de traballo nos Centros Especiais de Emprego (CEE) rexistrados

Busca avanzada
Insira un texto para a busca:
En todo o contido
Presentación de resultados
Ordenar
Número de resultados por páxina: