Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 601 novas da área temática Portos:

01/07/2026 | 19:37 | C. do Mar

Marta Villaverde aborda con Asnauga as principais necesidades e retos do sector náutico galego

O encontro serviu como primeira toma de contacto coa nova presidenta de Portos de Galicia, Natalia Botana

01/07/2026 | 16:22 | C. do Mar

A Xunta dota ao porto de Cambados dun acceso totalmente renovado e seguro á illa das Goritas tras investir 400.000 euros

A conselleira do Mar, Marta Villaverde, visitou o remate duns traballos de Portos de Galicia que consolidan a estrutura da ponte, eliminan os problemas de corrosión e garanten o tránsito de vehículos pesados cara aos pantaláns

28/06/2026 | 13:17 | C. do Mar

A Xunta avanza cos GALP en liñas de traballo conxuntas para impulsar un turismo mariñeiro de excelencia e calidade

A Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro e a Axencia de Turismo de Galicia coordinan estratexias cos Grupos de Acción Local do sector Pesqueiro para diversificar a economía das comunidades costeiras

28/06/2026 | 11:46 | C. do Mar

O Servizo de Gardacostas de Galicia incauta máis de 267 quilos de polbo e 561 cacharros na Ría de Arousa e na zona da Guarda a poucos días de que remate a veda

Os operativos realizados polas distintas unidades operativas na ría de Arousa e na de Vigo saldáronse co comiso de 120 nasas e máis de 6.100 metros de rede

27/06/2026 | 13:05 | C. do Mar

A Xunta alíase coa intelixencia artificial e a robótica subacuática para optimizar a xestión e sustentabilidade do ourizo de mar en Galicia

A directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro avaliou os avances de ‘Perizia’, un proxecto que desenvolveu un robot submarino intelixente para a monitorización dos bancos marisqueiros

26/06/2026 | 20:04 | C. do Mar

A Xunta inviste máis de 1,3 M€ na recuperación de 1.400 m² de superficie productiva para o marisqueo na Illa de Arousa

A Consellería do Mar suma un dos maiores aportes do plan de recuperación dos bancos marisqueiros tras os eventos de baixa salinidade nun novo convenio coa Confraría de Pescadores San Xulián da Illa de Arousa

25/06/2026 | 14:41 | C. do Mar

A experiencia técnica e científica do Intecmar atrae o interese do Laboratorio Nacional de Sanidade Vexetal e Hixiene

A directora, Covadonga Salgado, recibiu a unha delegación do LNSVH, situado en Lugo