Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 304 novas da área temática Audiovisual:

15/05/2025 | 18:10 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

A Xunta apoia o audiovisual galego ‘Fillos do vento. A rapa’, único de España que compite na Sección Inmersiva do Festival Internacional de Cannes

O proxecto, que contou co respaldo económico do Goberno galego, é un dos nove finalistas e foi seleccionado entre preto de 200 proxectos de todo o mundo

07/05/2025 | 20:33 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

López Campos enxalza o labor do Festival Play-Doc como encontro de referencia para as novas narrativas do cinema galego e internacional

O evento recibe máis de 48.200 euros como adxudicatario das subvencións que convoca a Axencia Galega das Industrias Culturais para este tipo de eventos

06/05/2025 | 19:51 | C. de Emprego, Comercio e Emigración; Secretaría Xeral de Emigración

A Xunta colabora coa Academia Galega do Audiovisual para achegar aos galegos do exterior os mellores filmes na nosa lingua a través do Ciclo de Cine Mestre Mateo

Oito entidades galegas de América, Europa e resto de España serán os lugares onde poderanse visualizar dende xuño a novembro os filmes finalistas nas categorías, tanto de mellor longametraxe como de mellor documental, nos premios Mestre Mateo

06/05/2025 | 12:56 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

CMUS, ESAD e CIFP Audiovisual colaboran en Vigo para a montaxe “única e pioneira” da Ópera Orfeo e Eurídice coa colaboración de 160 alumnos e 25 profesores

A delegada territorial da Xunta, Ana Ortiz, destacou a implicación do profesorado e alumnado nunha iniciativa na que tamén participan outros tres centros de formación profesional e a Escola Oficial de Idiomas

01/05/2025 | 15:21 | Axencia de Turismo de Galicia

Paloma San Basilio chega esta fin de semana á Coruña da man de Concertos do Xacobeo 2025 da Xunta de Galicia

Actuará no Palacio da Ópera o sábado 3 de maio ás 20,30 horas no marco da súa nova xira onde interpreta os seus grandes éxitos para despedirse dos escenarios

30/04/2025 | 16:22 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

A Filmoteca de Galicia inicia en maio un ciclo arredor de Marcelo Mastroianni e recibe as visitas de Alauda Ruiz de Azúa e Albert Serra

A cinemateca da Xunta proxecta ata xuño dez películas interpretadas pola icona dos anos dourados do cinema italiano