Actualidade
Buscador de novas
Villaverde visita Rianxo e mantén encontros con entidades do municipio para analizar posibles novas actuacións neste concello coruñés
A conselleira do Mar visitou no porto rianxeiro o Club Náutico e a Confraría de Pescadores co obxectivo de estudar as necesidades actuais e abordar posibles vías de colaboración
A Xunta facilita a obtención do certificado sanitario esixido polo ISM para poder enrolase
Cun custe cero para os pósitos, a iniciativa do Goberno galego permite dar solución á problemática xerada debido a que os centros habilitados polo ISM non dispoñen de praza ata dentro de varios meses
A Xunta consensúa co sector o peche dos bancos marisqueiros de Cabío, Bohído e Lombos do Ulla durante 6 meses para afondar na súa recuperación
A directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro trasladou ás entidades sectoriais os informes técnicos que sinalan que o estado actual dos recursos marisqueiros desaconsella o regreso da actividade extractiva nestas zonas
Portos de Galicia reordena o peirao de Canido e crea máis prazas de aparcadoiro e unha senda segura para o acceso da cativada á rampla de varada
Os traballos incluíron tamén a dotación de estacionamentos para persoas con mobilidade reducida e a mellora do edificio de departamentos para os mariñeiros
Villaverde destaca o Porto da Coruña como referente da rede portuaria que concentra o 25% das descargas de productos pesqueiros da comunidade
A responsable autonómica mantivo un encontro de traballo cos xestores desta infraestrutura portuaria para analizar a situación actual e valorar liñas de colaboración entre ambas administracións
O GALP Ría De Vigo-A Guarda impulsa sete proxectos de dinamización da actividade marítimo-pesqueira por valor de 385.000 euros
As iniciativas están promovidas polas confrarías de Moaña, Redondela e Arcade, por Conxemar e AFAMO, e polos Concellos de Soutomaior e Vilaboa
Marta Villaverde aposta pola DOP `Mexillón de Galicia` como elemento diferenciador que unifique o sector e abra novas oportunidades de mercado
En 2024 esta certificación incrementouse un 56% ata alcanzar as 18.700 toneladas
A Xunta apoia á Confraría de Cambados con máis de 1,6 millóns de euros para melloras dos equipamentos portuarios e medidas de xestión do medio mariño
A conselleira do Mar mantivo un encontro con representantes da entidade para abordar as necesidades particulares do sector nesta zona e tamén analizaron posibles medidas futura para impulsar a actividade pesqueira e marisqueira