Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.868 novas da área temática Turismo:

08/04/2026 | 13:21 | Axencia de Turismo de Galicia

A Xunta trae a inconfundible voz de Tom Jones á Coruña no marco dos Concertos do Xacobeo

O concerto do cantante galés súmase á programación do ciclo musical que inclúe a nomes e bandas como Maroon 5, Martin Garrix, Danny Ocean, Rita Ora, Miriam Rodríguez, Garbage e The Kooks

07/04/2026 | 14:51 | Axencia de Turismo de Galicia

A Xunta destina 4,2 millóns de euros ás empresas turísticas de Lugo para mellorar as instalacións e a eficiencia enerxética

O delegado territorial, Javier Arias, destaca que no último ano concedéronse na provincia 70 axudas para “reforzar a calidade e a competitividade dun sector clave para a nosa economía”

06/04/2026 | 14:59 | Axencia de Turismo de Galicia

Manuel Pardo destaca o pulo á oferta turística da provincia que dan as axudas para a mellora dos recursos turísticos en concellos de menos de 10.000 habitantes

O delegado territorial destacou que a nova convocatoria da Axencia de Turismo de Galicia, dotada con 2 millóns de euros e aberta ata o vindeiro 17 de abril, busca impulsar e consolidar a actividade turística nas contornas rurais, e ao mesmo tempo promover a diversificación turística polo territorio da comunidade

06/04/2026 | 13:07 | Axencia de Turismo de Galicia

Ana Ortiz anima a cidadanía, entidades e empresas a presentar iniciativas para participar no novo programa ‘O teu Xacobeo’

A delegada territorial da Xunta de Galicia en Vigo visitou aos responsables da Asociación Discamino para coñecer a súa liña actuacións este ano

05/04/2026 | 11:17 | A Presidencia da Xunta; Axencia de Turismo de Galicia

Máis de 30.000 persoas visitan a mostra ‘Camelia, flor de Galicia’ impulsada pola Xunta en Santiago durante a Semana Santa

Turismo de Galicia enriqueceu a oferta turística da capital cunha proposta de calidade que complementou a tradicional destas celebracións

04/04/2026 | 12:00 | Axencia de Turismo de Galicia; A Presidencia da Xunta

A Xunta difunde o destino Galicia nos mercados europeo, americano e chinés a través de 10 accións de promoción

Turismo de Galicia proxectará o Camiño de Santiago no horizonte do Xacobeo 2027 xunto cos recursos da comunidade vinculados coa natureza, a gastronomía e o patrimonio

03/04/2026 | 10:53 | Axencia de Turismo de Galicia

A Xunta traduce a guía ‘Galicia en ruta’ a seis novos idiomas nunha maior internacionalización do destino

O manual sumará en próximas datas as edicións en seis novos idiomas que permitirán conquistar os mercados europeo e norteamericano

02/04/2026 | 21:35 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude
02/04/2026 | 15:58 | Axencia de Turismo de Galicia

Xosé Merelles convida a visitar a mostra ‘Camelia, Flor de Galicia’ que converte Santiago de Compostela en destino imprescindible esta semana santa

A exposición, organizada pola Xunta de Galicia, pódese visitar no Pazo de Fonseca este xoves 2 de 13.00 a 21.00 horas e venres 3 e sábado 4 de 11.00 a 21.00 horas