Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 605 novas da área temática Familias:

03/03/2026 | 11:25 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta abre a consulta pública previa a Lei Galega de Infancia e Adolescencia

Este é o paso previo á elaboración do anteproxecto da que será a primeira norma específica neste ámbito da Comunidade Autónoma

02/03/2026 | 15:07 | A Presidencia da Xunta; C. de Política Social e Igualdade

Rueda anuncia que a Xunta comeza a tramitación do anteproxecto da primeira Lei galega de infancia e adolescencia

Salienta que o obxectivo é “reforzar a protección e atención dos menores” e “poñer a infancia no centro de todas as políticas” da Administración

28/02/2026 | 14:23 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta avalía o avance das obras do novo centro de día de Vilamarín, no que inviste 600.000 euros

Fabiola García avanzou que este novo recursos impulsado no Plan de Investimentos do Goberno galego suporá a creación de 30 novas prazas públicas de atención diúrna

28/02/2026 | 11:42 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta inxectará case 500.000 euros ata 2028 para o financiamento do Servizo de Axuda no Fogar en Vedra

Nesta lexislatura incrementarase nun 50% a achega autonómica a esta prestación, que é de competencia municipal

24/02/2026 | 13:51 | C. de Política Social e Igualdade

O centro sociocomunitario de Mondoñedo organiza proxeccións de cine e dous obradoiros de baile gratuítos

Tamén haberá un taller sobre o uso axeitado de medicamentos o 18 de marzo, para o que é preciso inscribirse previamente

24/02/2026 | 12:46 | C. de Facenda e Administración Pública

Miguel Corgos garante que os beneficios fiscais cheguen ás 60.000 familias galegas que poden deducir no IRPF a compra de libros de texto e material escolar

O Goberno galego leva ao Parlamento o Anteproxecto de Lei de medida excepcional en materia fiscal que permitirá aplicar a dedución tamén ás persoas que realizaron os pagamentos das facturas en efectivo

21/02/2026 | 11:34 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta contribúe á formación de 7.000 familias a través do novo Plan de benestar dixital

Román Rodríguez salienta a importancia da “alianza coas familias” para promover un uso responsable e a convivencia saudable cos dispositivos dixitais na mocidade

19/02/2026 | 19:39 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta subliña a importancia do programa Areté que facilita a conciliación ás familias vulnerables do concello de Ames

O director xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, Jacobo Rey, lembrou que o Goberno galego destina máis de 29.000 euros a este programa a través da orde de achegas do IRPF

19/02/2026 | 13:13 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta subliña o cambio demográfico positivo que rexistra Galicia, que aumenta os nacementos e a poboación

Fabiola García destaca que a natalidade medra por primeira vez desde 2008 e faino por riba da media nacional ao peche do 2025, segundo os datos do Instituto Nacional de Estatística (INE)