Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 38.689 novas da área temática Áreas temáticas:

25/09/2026 | 20:02 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

López Campos gaba a contribución do Ourense Film Festival ao prestixio de Galicia nos certames audiovisuais

O representante do Goberno galego destaca o labor desta iniciativa como plataforma de difusión da produción galega, ademais da actualidade creativa internacional

25/09/2026 | 19:50 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta inicia as obras da senda na PO-352 no concello da Guarda, nas que inviste preto de 1,3M€

A actuación permitirá habilitar un itinerario peonil e ciclista continuo aproveitando a traza da PO-352 que circunvala o Monte de Santa Tegra

25/09/2026 | 19:05 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

Valentín García destaca a contribución do galego na riqueza e diversidade cultural europea

O representante da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude salienta a proxección da Xunta do noso idioma con bolsas de lectorados en 21 institucións académicas europeas

25/09/2026 | 18:57 | C. do Medio Rural

Controlado o incendio forestal do concello ourensán de Manzaneda, parroquia de Reigada

O lume iniciouse ás 01,15 horas de hoxe e segundo as últimas estimacións provisionais supera as 20 hectáreas

25/09/2026 | 17:48 | C. do Medio Rural

A Xunta lanza ‘Aquí Sabemos’, a nova marca que unirá os produtos agroalimentarios de calidade diferencia de Galicia para seguir impulsando a súa visibilidade

A marca reúne baixo unha imaxe común as denominacións de orixe, as indicacións xeográficas protexidas, artesanía alimentaria e agricultura ecolóxica para facilitar que a cidadanía as coñeza e as identifique

25/09/2026 | 17:35 | C. de Política Social e Igualdade; C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Belén do Campo asiste ao Torneo Triangular Solidario de Fútbol 7 feminino organizado pola Garda Civil a favor do Grupo CompostELA

O torneo reuniu seleccións femininas de efectivos da Garda Civil, da Policía Nacional e da Policía Local da Coruña, nunha xornada deportiva e solidaria destinada a contribuír á visibilización e apoio das persoas afectadas pola esclerose lateral amiotrófica (ELA) e das súas familias

25/09/2026 | 17:31 | C. de Sanidade

A Consellería de Sanidade destaca o xogo como ferramenta de lecer educativa no marco da prevención das condutas adictivas na infancia e adolescencia

A secretaria xeral técnica subliña o traballo da Dirección Xeral de Saúde Pública en materia de promoción da saúde

25/09/2026 | 17:26 | C. do Medio Rural

A Xunta activa a Unidade de Investigación de Incendios Forestais no lume de Calvos de Randín co uso de drons

Os traballos de investigación comezaron no día de onte pola tarde e as actuacións estenderanse, cando menos, durante toda a fin de semana

25/09/2026 | 17:07 | C. do Medio Rural

A UIFO e o Seprona colaboran para identificar a autoría de numerosos incendios forestais nas Neves

A investigación deu comezo tras rexistrar un incendio forestal en maio, ao que seguiron outras tres incidencias similares nos meses posteriores