Actualidade
Buscador de novas
Manuel Pardo reitera o compromiso da Xunta coa inclusión real e efectiva na sociedade de todas as persoas
O delegado territorial lembrou que a Xunta traballa cada día para facilitar o acceso real ao emprego ordinario das persoas con síndrome de Down e outras discapacidades intelectuais, mellorando a súa cualificación profesional e acompañándoas na incorporación e mantemento no mercado laboral
A Xunta constata no Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia o éxito dos graos C de formación profesional de informática dirixidos a persoas desempregadas
A directora xeral de Formación e Cualificación para o Emprego comprobou hoxe a satisfacción do alumnado que xa participou nestas formacións, ao tempo que informou da apertura do prazo de inscrición para dous novos cursos da mesma familia
A Xunta inviste 1,2M€ na primeira residencia de maiores de Trasmiras, que contará con 79 prazas públicas
O Goberno galego achega a través do Plan de Investimentos o 45% do financiamento, que é compartido coa Deputación de Ourense e a empresa construtora
A Xunta anima ás persoas maiores a aproveitar as vantaxes, descontos e promocións do Carné +65
Na actualidade, máis de 900 establecementos de toda Galicia están adheridos a este programa do Goberno galego para fomentar o envellecemento activo e saudable
A Xunta financia con 283.000 euros o futuro centro de día de Toques, que contará con 25 prazas públicas
A actuación enmárcase no Plan de investimentos, dotado con 18,5M€ para fortalecer a rede de centros municipais de atención ás persoas maiores
A Xunta abre o martes o período de solicitude de praza nas escolas infantís públicas autonómicas
Os pais e nais poderán solicitar unha das máis de 10.500 prazas ofertadas ata o vindeiro 7 de abril
A Xunta reforza a FP adaptada para asegurar a formación dos colectivos máis vulnerables e abrirlles portas ao emprego
Román Rodríguez salienta que esta vía formativa “única e exclusiva de Galicia” está pensada para “dar máis oportunidades ás persoas que más o precisan”
A Xunta apoia con case 500.000 euros a construción do novo fogar residencial da Gudiña, que contará con 14 prazas públicas de atención a persoas maiores
Fabiola García destaca que este centro, financiado a través do Plan de Investimentos, será o primeiro destas características co que contará o concello
Reguera informa en poio das axudas Emega ao emprendemento feminino
O delegado visitou o Moxena’s Coffee que recibiu unha axuda pola contratación de dúas persoas por conta propia e outra por conta allea con carácter indefinido
A Xunta apoia con 145.000 euros o traballo de formación e preparación para a vida autónoma que realiza Aliad-Ultreia
O director xeral de Inclusión Social, Arturo Parrado, visita a entidade, onde destaca a importancia de mellorar a empregabilidade da persoas reclusas e exreclusas para a súa plena reinserción