Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 40.464 novas da área temática Áreas temáticas:

21/11/2026 | 22:07 | Axencia de Turismo de Galicia

Belén do Campo asiste no Teatro Colón á gran gala internacional de “Galicia Ilusiona”, apoiada pola Xunta

O festival regresa este ano con seis figuras internacionais multipremiadas: Mago Murphy, Toni Frebourg, An Ha Lim, Didak, Bonjin Koo e Diego & Elena, que achegan ao público diferentes disciplinas da maxia e do ilusionismo nun espectáculo para todas as idades

21/11/2026 | 18:41 | Axencia de Turismo de Galicia

Xosé Manuel Merelles enxalza o valor turístico e tradicional do Belén de Begonte no pregón da súa LV edición

Declarado Festa de Interese Turístico de Galicia, a Xunta apoiará o procedemento para acadar o recoñecemento nacional

21/11/2026 | 17:35 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

A Xunta apoia novos talentos de creación contemporánea co impulso de seis proxectos desde as residencias artísticas do Gaiás

A media ducia de proxectos van desde a investigación e curadoría ata as artes novas, pasando pola música contemporánea, a danza, o deseño ou as artes visuais

21/11/2026 | 17:29 | C. do Medio Rural

María José Gómez salienta que o futuro do viño galego pasa por coidar a calidade, innovar, diversificar e adaptarse ao que pide o consumidor

A conselleira do Medio Rural participou hoxe en Cambados na xornada de convivencia da adega Paco & Lola

21/11/2026 | 14:59 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta licita as obras de mellora da AC-542 en Betanzos, que abrangue un novo itinerario peonil, unha glorieta e accesos máis seguros

A actuación permitirá renovar 2,4 quilómetros desta estrada e crear un itinerario peonil continuo e accesible, novas beirarrúas e unha glorieta na conexión coa N-VI

21/11/2026 | 14:57 | C. do Mar

Villaverde reivindica no Grove o valor de produtos do mar coma a centola para a frota artesanal e a hostalaría das Rías Baixas

A conselleira do Mar recibiu as distincións de Embaixadora e Dama de Honra da Orde do Mérito do Centolo Larpeiro no XXXIV Gran Capítulo Internacional da confraría