Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 278 novas da área temática Audiovisual:

16/12/2024 | 13:36 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

A Xunta convoca as axudas a festivais audiovisuais cun investimento de 300.000 euros

Publícanse no DOG as bases destas subvencións para o ano 2025, a través da que se contribúe á consolidación do circuíto galego de certames estratéxicos para o sector

07/12/2024 | 09:41 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Un total de 40 centros participarán este curso no programa ‘Cinema con perspectiva’ a prol da igualdade

O programa, en colaboración co Festival Internacional Cinema de Bueu, promove a reflexión sobre os estereotipos de xénero nas narrativas audiovisuais e incentiva ao alumnado a crear producións propias

02/12/2024 | 15:16 | A Presidencia da Xunta

A Xunta remite o proxecto de Lei de medios ao Parlamento para a súa tramitación

Rueda salienta que o obxectivo é adaptar a normativa “aos cambios que houbo nos últimos anos no audiovisual” e ao novo marco regulatorio estatal e europeo

26/11/2024 | 15:42 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

Jaime Pena, nomeado director da Filmoteca de Galicia

O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude felicita persoalmente ao que ata agora era o programador da entidade

26/11/2024 | 13:51 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

O filme ‘Honey Moon’ protagoniza o arranque da 14ª Master Class Audiovisual Galego-Augal, organizada pola Xunta e a Universidade de Vigo

Enrique Otero, director, guionista e produtor, ofrecerá o coloquio arredor da película este xoves 28 de novembro na primeira sesión do curso, dedicado a afondar nos procesos creativos e técnicos de obras audiovisuais con selo galego

21/11/2024 | 21:23 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

O Salón Teatro acolle a preestrea do último filme de Margarita Ledo, ‘Prefiro condenarme’, rodado con apoio da Xunta

O novo traballo da cineasta galega recibiu unha axuda do Goberno galego de 80.000 € na convocatoria de subvencións á produción audiovisual de 2023