Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.484 novas da área temática Deporte:

08/05/2026 | 13:58 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta asina o contrato de servizos de redacción do proxecto de interese autonómico do futuro CAR de Galicia

O orzamento do traballo ascende a máis de 117.000 euros e ten un prazo de execución de 16 meses

05/05/2026 | 18:12 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes
05/05/2026 | 15:32 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Belén do Campo dá a saída ao tramo Padrón-A Coruña da Volta feminina e destaca a Galicia como referente do ciclismo e do deporte feminino

A representante do Goberno salientou a tradición ciclista de Galicia, o crecemento da práctica deportiva feminina e o impacto internacional dunha proba que proxecta Galicia como un destino deportivo e turístico de primeiro nivel

30/04/2026 | 13:22 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta impulsa un programa pioneiro de titorización para deportistas de alto nivel

A iniciativa lévase a cabo en colaboración con Youbefy e ten como obxectivo acadar a inserción laboral cara ao final da carreira deportiva cun itinerario integral que combina formación especializada, mentorías individualizadas e acceso a oportunidades profesionais

29/04/2026 | 20:08 | A Presidencia da Xunta; C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Rueda pon en valor o bo momento do deporte galego e o seu papel como motor social e económico

Felicita aos 51 galardoados desta edición polas súas traxectorias e por representar valores como o respecto, a tolerancia e a cultura do esforzo

29/04/2026 | 14:05 | A Presidencia da Xunta; C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

O módulo de atletismo do Ifevi, no que a Xunta investiu preto dun millón de euros, xa recibiu a máis de 15.000 deportistas e escolares

A delegada territorial da Xunta en Vigo, Ana Ortiz, visitou este mércores as instalacións construídas ante a falta de renovación das pistas municipais

28/04/2026 | 17:00 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; Secretaría Xeral para o Deporte

A Xunta reforza a área deportiva do complexo de Monterrei cun investimento de máis de 400.000€ na renovación da súa pista de atletismo

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, destacou que as melloras realizadas permitiron contar coa homologación da Real Federación Española de Atletismo, ao cumprir cos requisitos esixidos